Ecoloxistas acusan á Xunta de torpedear ás granxas financiando a empresa insolvente da mina de Touro
Sinalan que o Goberno de Galicia destina unha cantidade insuficiente de fondos a incorporacións e mellora das granxas galegas, mentres segue dando diñeiro a compañías "insolventes".
A confianza de Atalata Mining e a súa CEO, Alberto Lavandeira, foi inquebrantable durante máis dun lustro, tempo no que defenderon que, máis pronto que tarde, sairá adiante o seu proxecto mineiro para reabrir a extracción de cobre en Touro e O Pino. A compañía é a que sostén a iniciativa de Cobre San Rafael, unha empresa que "non pediu subvención algunha nin a vai a pedir", algo que reafirmaron desde a firma esta mesma semana tras comuncarle á Xunta que renuncia ás axudas publicadas este xoves pola "tardanza" en permisos. Neste contexto, desde as plataformas Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina de Touro - O Pino NON emitiron un comunicado onde censuran que o Goberno de Galicia financia a unha empresa insolvente en detrimento do sector primario, un dos principais prexudicados de saír adiante o proxecto mineiro de Touro.
UNHA EMPRESA "EN QUEBRA" PERO CON AXUDAS DA XUNTA"
Na súa nota, os colectivos medioambientalistas lembran que Fernando Riopa, director xeral de Cobre San Rafael, negou que existise contaminación no río Ulla nin nos ríos da contorna da mina, mentres que a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, visitaba as instalacións de Río Tinto, Huelva, onde Atalaia Mining ten a súa principal explotación en España.
"Hoxe coñecemos, a través do DOG, as novas adxudicacións a dedo de axudas a Cobre San Rafael e Explotacións Galegas de diñeiro público dos galegos e galegas", reprenden as tres organizacións, á vez que puntualizan que as axudas, "por terceiro ano", chegan "como aguinaldo a unha empresa que non ten ningún proxecto mineiro aprobado e que non conta con ingresos pola sua actividade de ningún tipo" co pretexto de "pagar os gastos da realización de obras para evitar as verteduras de augas contaminadas ao Dominio Público Hidráulico (DPH) que se lle requiriu no 2018".
"En total, máis de 340.000 euros destínanse a financiar unha empresa que, segundo o rexistro mercantil, é insolvente, así como máis de 110.000 euros para financiar ao grupo empresarial EXGA. Este último, a pesar de ser un dos grupos que obtén o maior número de licitacións públicas, ten que ser subvencionado e recorre ante os tribunais o pago de sancións impostas por Augas de Galicia por verteduras de augas industriais con elementos contaminantes sen autorización", insiten as organizacións, que manifestan a súa "total oposición" a este método de "financiamento á mina", lembrando ademais que a concesionaria ten por lei "o deber de restaurar os terreos e evitar que as augas contaminadas saian aos ríos", algo que resultou ineficaz até agora.
A continuación, consideran que a insolvencia da compañía non lles impediu pagar "patrocinios en festas parroquiais, publireportajes ou cuñas de radio", campañas de "greenwashing" que Cobre San Rafael asumiu, din, "a pesar da súa situación de quebra".
Os GANDEIROS SALGUEN PERDENDO
"Sentimos que isto é un recochineo a toda a sociedade galega, a disposición de diñeiro público para uns traballos que deberían ser por conta das mercantís titulares, e que ademais venden como algo que fan con fondos propios sen recorrer ao financiamento público, sendo unha mentira máis", lamentan. Os principais prexudicados, alegan, son os gandeiros, pois "mentres se financia Cobre San Rafael, vemos como ano tras ano se lles deniengan en moitas ocasións as súas solicitudes ás persoas novas que queren iniciar a actividade agraria ou mellorar o seu proxecto mediante un plan de mellora".
"No ano 2024 denegáronse o 70% dos expedientes de plans de mellora, moitos deles presentados por mozas e mozos que se incorporaban e iniciaban a actividade. No ano 2025, de novo, resultaron insuficientes os orzamentos, polo que non se convocaron as axudas para pequena granxa nin para persoas maiores de 41 anos", detallan no seu comunicado, mentres os medioambientalistas seguen pendentes do ditame final da Xunta, que aínda non deu a coñecer os resultados da Declaración de Impacto Ambiental presentada polos promotores da mina, un documento que provocou que, en 2020, déseselle carpetazo á iniciativa ao non cumprir cos requisitos medioambientais.
Escribe o teu comentario