O Goberno promete un 20% de desconto para quen faga máis de 20 viaxes ao mes pola autoestrada AP-9

O ministro reivindica esta actuación "sen precedentes", que supoñerá uns 1.500 millóns de euros ata o final da concesión, en 2048

|

A esperada vista do ministro de Fomento conclúe cunha promesa de bonificacións na Autoestrada do Atlántico


O mandatario estatal tamén promete presentar a conexión de tren aos fondos Next Generation e "restructurar" a débeda do Porto da Coruña


O ministro de Transportes, José Luis Ábalos, avanzou que espera implantar no mes de xullo as bonificacións da autoestrada AP-9, no marco dun calendario "ambicioso" no que agora "o importante é avanzar na negociación coa concesionaria", Audasa.


O ministro ou00c1balos en rolda de prensa tras a reuniu00f3n co presidente da Xunta

Feijóo e Ábalos


Trasladouno nunha comparecencia ante os medios de comunicación en Santiago ao termo dunha longa reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


Ábalos concretou parte dun esquema que "xa está moi perfilado" e que é "coincidente en gran medida" coa proposta que expón o Goberno galego.

Así, ademais da bonificación do 100% das viaxes de volta para turismos con dispositivo electronico (sen requirir ningún tipo de recorrencia e todos os días da semana, desde a primeira viaxe), o "gratis total" para o tramo Vigo-Redondela e a referida a vehículos pesados (en liña co que representan na recadación da concesionaria), anunciou un desconto adicional do 20% para os usuarios que realicen máis de 20 viaxes mensuais en calquera tramo (bastarían 10 ao mes de ida e volta) e outra do 50% (tamén a maiores) en Vigo-Tui.

"Seguimos traballando nalgúns detalles para poder converxer de modo máis definitivo", sinalou o titular de Transportes, en alusión ao documento que lle trasladou o Executivo autonómico.

VALORACIÓN DE FEIJÓO
Pola súa banda, o titular do Goberno galego, "satisfeito" porque o Executivo central "está a cumprir, celebrou este compromiso a pesar de sinalar que a el gustaríalle "máis en xuño" que en xullo, aínda que se conformou con que esas bonificacións estean implantadas ao comezo do verán.

Por outra banda, a preguntas dos xornalistas, foi o secretario de estado --presente na reunión de traballo-- quen contestou que a auditoría sobre o estado da autoestrada aínda non se terminou.

"Estamos a traballar nun marco de bonificacións sen precedentes. O maior da historia nunha autoestrada en Galicia, pero tamén en España. Ao redor de 60 millóns de euros anuais, uns 1.500 millóns de euros en total, ata o fin da vida da concesión", proclamou o ministro, sobre un tema que cualificou como "prioritaro e crítico" para a comunidade. "Estamos a envorcar todos os nosos esforzos", remachou.

Por último, o ministro José Luis Ábalos referiuse á existencia de "algúns puntos crave" que confía en "que se resolvan ben pronto".

DE MADRUGADA E FAMILIAS NUMEROSAS
Pola súa banda, Núñez Feijóo comentou que no encontro expuxo "a posibilidade" de aplicar un desconto tamén a vehículos "que utilizan a autoestrada desde as 00,00 ás 6,00", xa que de madrugada teñen "máis dificultades" para circular.

Vinculado co problema demográfico ha feito alusión ao "desconto adicional" que a Xunta propón para as familias numerosas. "Son dous flocos que temos aí", destacou.

Á marxe disto, valorou que haxa unha "proposta conxunta para facer un prego de bonificacións conxunto e ter a seguridade de que quede ata o ano 2048", algo que ve "determinante", debido a que "hai que avanzar na transfrencia" da AP-9.

QUEN MANDA SOBRE AUDASA?
Por ese motivo é polo que Feijóo ve "lóxico que eses descontos xestióneos a comunidade autónoma" nun futuro, "e por tanto" estar "desde o principio" na formulación das bonificacións, "o que despois tocará xestionar".

Respecto diso, lembrou a reuníon que pediu ao ministro de Política Territorial, Miquel Iceta, da comisión de transferencia "para avanzar" na relativa á AP-9 en paralelo aos debates que se dean no Congreso.

Esta transferencia "non é fácil", resaltou Feijóo e é necesario "completar a autoestrada", en referencia ao nó de bombeiros de Pontevedra, a ampliación de capacidade de Alfonso Molina na Coruña e o tramo urbano de Vigo. "Será unha transferencia laboriosa complexa e de enorme transcendencia económica", remarcou.

Nesta liña, tamén apuntou á autorización do ministerio para conectar a Vía Ártabra coa autoestrada, para poder entrar nela desde Lorbé.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE