PSOE, PP, Unidas Podemos, BNG e o case todos os demais coinciden en que a Xunta debe xestionar a concesión pública, que no seu día prorrogou o Goberno de Mariano Rajoy ata 2048 cando estaba a piques de caducar. Cidadáns, que chegou a votar en contra, agora apoia polo menos a toma en consideración, aínda que de maneira crítica.
Un informe elaborado polo Consello Consultivo de Galicia declara "nulas de pleno dereito" as subidas extraordinarias de peaxes na AP-9 aprobadas a través de real decreto nos anos 2011 e 2018 en compensación polos investimentos realizados nas obras de ampliación da autoestrada.
Súbaa das peaxes para pagar obras están a converter á AP-9 nunha das autoestradas máis caras de España. De feito, se o Goberno non o remedia -e parece difícil que un Executivo en funcións poida facelo- a Autoestrada do Atlántico será a que máis suba en 2020 en España.
Segundo a prensa local, a Policía Local de Vigo viuse forzada mesmo a pechar varias entradas á Autoestrada do Atlántico. Ao redor das 9:30 o problema empezou a liquidarse e ao redor das 10:15 xa non se aprecian retencións nas cámaras da DXT .
Cibercriminai clonaron polo menos dous emails, inlcuído o do director financeiro, de Audasa en 2018. Usándoos, tentaron estafar á concesionaria da autoestrada AP-9 polo menos 1,54 millóns de euros.
A de Yolanda Díaz foi a única voz que puxo o foco en Galicia no debate de investidura. A coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida e ANOVA reclamoulle a Sánchez soluciones para problemas do país, sobre todo en infraestruturas. Algo insuficiente en opinión do Bloque, que cre que o país está ausente deste crucial debate.
"Unha máquina de facer diñeiro". Así define a Plataforma Empresarsial de Afectados AP9 a autoestrada do Atlántico. Levan varias presentacións por toda Galicia para animar aos condutores para sumarse á demanda colectiva contra a concesionaria da Autoestrada do Atlántico; do mesmo xeito que fixo a Fiscalía, pero o ministerio público non representará nin autónomos nin a empresas.
O PP españól bloqueou no Congreso varias veces que Galicia xestionase a Autoestrada do Atlántico. Os seus orzamentos contemplaban xa un atraso na chegada do AVE. O presidente da Xunta buscará hoxe arrincarlle a goberno do PSOE os avances que o goberno do seu partido non lle concedeu.
Todos os grupos do Parlamento de Galicia queren que a Autoestrada do Atlántico sexa competencia da Xunta, o que abriría a porta a unha eventual redución de peaxes. Con todo, os conservadores levan anos vetándoo nas Cortes, ata agora co apoio de Cidadáns. Onte os laranxas cambiaron de bando.
Da reunión entre Audasa, concesionaria da AP9, e o Ministerio de Fomento sae un compromiso, aínda que moi limitado, de compensar aos condutores que a diario ven atrapados nunhas obras que, en teoría, foron aprobadas este Nadal. Ademais, o Estado anuncia medidas especiais ao fío da ponte do Día dás Letras Galegas.
A entrada en servizo da reforma do Corredor do Morrazo non logra acabar cos problemas de tráfico en Rande, ao continuar as obras na ponte, traballos que foron inaugurados este Nadal.
Pregunta a Audasa como evitará os habituais atascos que no verán afectan a esta autoestrada.