Colisión en cadea na AP-9 provocada pola saraiba

Un total de 14 vehículos resultaron implicados nunha colisión en cadea na AP-9 en Santiago de Compostela na noite deste venres, provocada por unha intensa granizada, e que se saldou con sete persoas evacuadas ao Hospital Clínico, por lesións de diversa consideración.

|

Un total de 14 vehículos resultaron implicados nunha colisión en cadea na AP-9 en Santiago de Compostela na noite deste venres, provocada por unha intensa granizada, e que se saldou con sete persoas evacuadas ao Hospital Clínico, por lesións de diversa consideración.


Cochescarretera


Uno dos feridos precisou mesmo da axuda dos bombeiros para poder saír dun dos vehículos accidentados, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.


O sinistro produciuse minutos antes das nove da noite cando a intensa granizada sorprendeu a varios condutores que circulaban pola AP-9 en sentido á Coruña, á altura do barrio de San Lázaro.


Moitos dos implicados avisaron ao 112 Galicia para dar conta da situación e pedir asistencia médica para os feridos. De aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como aos bombeiros da cidade, que mesmo tiveron que excarcerar a unha persoa que estaba atrapada no interior dun dos coches accidentados.


En total, foron sete as persoas que tiveron que ser evacuadas ao centro hospitalario de referencia con feridas de diversas consideración.


Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, que confirmaron que a vía quedou completamente liberada ao redor das 22,30 horas do sábado, aínda que en ningún momento, foi preciso cortar a circulación, xa que o accidente produciuse nun tramo de catro carrís.


CHOQUE CONTRA UNHA ÁRBORE NA Estrada

Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro sinistro rexistrado no lugar de Riobó, na Estrada, no que resultaron feridas dúas persoas. A situación na que quedou o vehículo obrigou a intervir aos membros do GES da localidade, así como aos bombeiros do Deza para liberar a un dos ocupantes.


Con todo, os feridos estiveron en todo momento conscientes e unha vez fose do coche foron evacuados polo 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.


O sinistro produciuse sobre as cinco da madrugada deste sábado e ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, co fin de coñecer os detalles do accidente.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE