Seguen as retencións na Ponte de Rande

A entrada en servizo da reforma do Corredor do Morrazo non logra acabar cos problemas de tráfico en Rande, ao continuar as obras na ponte, traballos que foron inaugurados este Nadal.


|

A entrada en servizo da reforma do Corredor do Morrazo non logra acabar cos problemas de tráfico en Rande, ao continuar as obras na ponte, traballos que foron inaugurados este Nadal.


Rande operario obras


A autoestrada AP-9 rexistrou retencións e tráfico lento á primeira hora da mañá deste luns na ponte de Rande en sentido a Vigo polas obras que se realizan neste tramo da autoestrada.


Segundo trasladaron a Europa Press fontes do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, dependente da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), á primeira hora da mañá deste luns rexistráronse retencións e tráfico lento de máis dunha hora.


RETENCIÓNS NOS DOUS SENTIDOS 


Así, atribuíron estas incidencias ás obras na Ponte de Rande, polas que hai un carril do troncal da ponte cortada á circulación. Desta forma, houbo tráfico lento para os condutores procedentes tanto de Pontevedra, que ían polo carril central habilitado, como para os do Morrazo, que ían polo carril exterior.


En todo caso, estas fontes aclararon que non houbo ningún accidente e que non se produciu un colapso do tráfico na ponte, senón que os vehículos víronse obrigados a circular "lentamente". Esta afectación alongouse ata as 10,30 horas, aproximadamente.


Estas incidencias repítense case a diario polas obras da Ponte de Rande. O Ministerio de Fomento informou a pasada semana que prevé que o próximo 31 de maio finalicen estes traballos de rehabilitación de Rande "que afectan o tráfico", aínda que seguirán outros, en concreto de pintado da ponte pola parte inferior e uns traballos arqueolóxicos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE