Ourense

Jácome dáse conta que o seu prometido rañaceos en Ourense podería ser ilegal
O portavoz do Concello de Ourense, Miguel Caride (DO), afirmou que o rañaceos de 80 plantas e máis de 300 metros que anunciara o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, como "factible" agora "é unha idea" que "non ten máis percorrido".
As primeiras grandes nevadas privan a case un milleiro de estudantes galegos de asistir a clase
A presenza de neve na rede viaria da montaña de Lugo e Ourense deixou sen poder acudir ás aulas a 867 alumnos de 26 centros educativos das dúas provincias.
Estes son os doce ríos de Galicia que poden desbordarse ante o mal tempo
Unha ducia de ríos da Comunidade galega presenta risco de desbordamento puntual pola crecida do caudal, informou o 112 Galicia. Ademais, na cidade de Ourense, pola crecida do Miño debido ás choivas, prohibiuse o baño en áreas termais.
​Jácome apúntase para el a vitoria de 'Teruel Existe'

O alcalde ourensán agrega ao seu haber un triunfo ocorrido a máis de 700 quilómetros de distancia. Gonzalo Pérez Jácome aproveitou a entrada de 'Teruel Existe' no Congreso dos Deputados para poñer en valor a marca de 'Democracia Ourensá' ao considerar que a forza aragonesa ha conseguido "aquilo" polo que DO empezara".

Ourense segue sendo bipartidista: PP e PSOE volven empatar a dous escanos

Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Ourense, co 99% escrutado, deixan ver como o voto, en comparación cos anteriores xenerais, segue igual de repartido na provincia, con dous escanos tanto para populares como socialistas.

As primeiras enquisas dan un empate en Galicia e unha vitoria do PSOE en España

Estes son os resultados dunha enquisa  de GAD3 para as emisoras públicas.Non se trata dunha enquisa a pé de urna, senón dunha sondaxe realizada entre o 25 de outubro e o 10 de novembro para RTVE e a FORTA, as emisoras públicas.

O rañaceos máis grande de España estará en Ourense, promete Jácome
"Estariamos ante o rañaceos máis grande de España, con máis de 300 metros, e un dos cinco primeiros de Europa", sinala o Consistorio
Árbitro, garda civil e ladrón
Subtraeu uns 1.800 euros e documentación de varios futbolistas, polo que a xustiza ordinaria impúxolle 9 meses de prisión
"A ver se temos educación, carallo" di Jacóme, alcalde de Ourense, no pleno (VÍDEO)

Inmediatamene seguiu con un "imos falar en español, porque se entende mellor que o galego" e indicou que iso ía"para os do Bloque, por se me están escoitando".

A Policía Local de Ourense non é o suficientemente "seria" como para defender ás vítimas da violencia de xénero, segundo Jácome
PSOE, BNG e Cs solicitan que se garanta a permanencia do Concello no sistema VioGen e a dotación de medios á Policía LocalLa oposición no Concello de Ourense –PSOE, BNG e Cidadáns- manifestaron a súa preocupación pola “desidia” do alcalde Gonzalo Pérez Jácome na loita do municipio contra a violencia machista. Os tres grupos solicitaron que se manteña o Sistema VioGen e que o goberno municipal valorou suprimir por “falta de efectivos”.
Cortada a conexión Zamora-Ourense do 5 ao 28 de novembro polas obras do AVE
O tráfico ferroviario na liña de ancho convencional Zamora-Ourense verase interrompido entre os días 5 e 28 de novembro (ambos os incluídos) debido ás obras de construción da alta velocidade Madrid-Galicia en diversos puntos do trazado.
A primeira edición de MUSGO xa galopa a lombos de Camellos

O grupo madrileño cortou a cinta inaugural do festival ourensán cunha actuación tan íntima como memorable no Café & Pop Torgal. 

O caso da xubilada que non pode pagar o seu rescate reabre o debate do pago dos bombeiros


A loita de Elvira Fernández Pérez apunta a final feliz. Esta xubilada arrincou ao Concello de Ourense non só a promesa de non cobrarlle o seu rescate por parte dos bombeiros senón tamén, ao fío do seu peculiar caso, cambiar a ordenanza pola cal se cobra as intervencións do servizo público. E de paso, logrou reabrir o debate sobre que tarifas cobran os concellos e que medios ofrecen realmente.

Protexe á súa profesora e recibe insultos racistas
O individuo tentou agredir á profesora cando procedeu a mediar para conter a discusión
Cae unha banda que vendía autocaravanas que non eran súas
Foron recuperados cinco vehículos valorados en 160.000 euros usados como "gancho" para "o engano e venda"
Feministas critican ao "misóxino" Jácome, que rectifica encomiando á Policía que onte criticou

A Policía Local de Ourense non abandonará o programa para protexer vítimas da a violencia machista, pero a Marcha Mundial dás Mulleres critica a súa improvisación 

Jácome xustifica quitar protección a 31 vítimas de violencia machista e culpa á súa propia Policía


Democracia Ourensá anuncia que "o alcalde vai reformularse" a decisión de abandonar o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) . Esta iniciativa protexe ás víctmas de violencia de xénero. En Ourense 31 están resgardadas pola Policía Local. O alcalde Gonzalo Pérez Jácome anunciou onte que o Concello de Ourense deixa o programa, alegando falta de medios.

Os inspectores de Policía xemelgos acusados do asasinato dun compañeiro chegan a xuízo
O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense chamou a declarar como investigados aos inspectores xemelgos Roi e Bernardo D. L. polo roubo de seis armas na comisaría da Policía Nacional da cidade nos anos 2014 e 2015.
​O festival MUSGO busca botar raíces en Ourense

A I Edición do Festival de música MUSGO traerá o próximo 19 de outubro a Ourense algúns dos grupos punteiros da música indie, tanto nacionais como internacionais. O evento arrincará un día antes co concerto de ‘Camelos’ no ‘Café Torgal’. 

C's denuncia a Jácome por prevaricar e Democracia Ourensá cuestiona a publicidade do Concello en medios que se fixeron eco do caso


Os laranxas entenden que o edil tiña a obrigación legal de apartarse da tramitación do expediente, dada a súa condición de interesado. O partido da oposición asegura que o alcalde debería, polo menos, elevar unha consulta á administración superior nesta materia, neste caso a Sudelegación do Goberno. A pesar diso, Irene Aguilar, letrada de Cidadáns, explicou á prensa que o alcalde "resolve un expediente no seu propio beneficio". 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE