Ourense segue sendo bipartidista: PP e PSOE volven empatar a dous escanos

|

Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Ourense, co 87% escrutado, deixan ver como o voto, en comparación cos anteriores xenerais, segue igual de repartido na provincia, con dous escanos tanto para populares como socialistas.


Votaciu00f3n

Un colexio electoral


Por contraste coas eleccións do pasado 28 de abril, onde nin Cidadáns nin En Común-Unidas Podemos lograron representación no Congreso dos Deputados, que seguirían sen representación por Ourense. Moi destacable é o decalabro da formación laranxa, que perde máis de 10.000 votos en só seis meses. Pola súa banda, o PP, que logrou dous escanos, e o PSOE, con outros dous,  manteñen os seus resultados na provincia. O BNG e VOX, que mellorasen amplamente os seus resultados, quedan fóra da terna. 


Como no resto de Galicia, a participación na provincia sobe considerablemente, cun 12% máis, pasando do 53,96% ao 65,82%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress