"A ver se temos educación, carallo" di Jacóme, alcalde de Ourense, no pleno (VÍDEO)

Inmediatamene seguiu con un "imos falar en español, porque se entende mellor que o galego" e indicou que iso ía"para os do Bloque, por se me están escoitando".


|

O alcalde ri do seu exabrupto ironizando que así fala galego. É a segunda vez que fai bromas en público co idioma propio de Galicia.


Gonzalo Pérez Jácome segue situando a Ourense nos titulares. Non só polas súas propostas ambiciosasa -como converter á capital nun referente mundial de intelixencia artificial- senón tamén polas súas polémicas.



Gonzalo Ju00e1come no pleno



A última, no pleno deste venres. Tras amoestar a dous edís da oposición chamándolles á orde, incluído ao líder da oposición Rodríguez Villarino (PSOE) soltou un improperio. "A ver se temos educación, carallo" dixen Jacóme desde o estrado onde dirixe os plenos municipais.


Ante as risas dos edís, Jácome, lonxe de avergoñarse, tirou de retranca. "Bo, dixen unha palabra galega, non queredes que fale galego?", argumentou. Logo o seu partido, Democracia Ourensá, subiu o "momento estrela" ás redes sociais.


Non é a primeira vez que o alcalde ironiza ao fío do idioma propio. Cando se subiu ao palco das festas de San Francisco a presentar unha orquestra lusa, saudou en galego cun "boas noites". Inmediatamene seguiu con un "imos falar en español, porque se entende mellor que o galego" e indicou que iso ía"para os do Bloque, por se me están escoitando". Organizacións como A Mesa pola Normalización reprenderon a súa actitude cara ao idioma, que as administracións públicas galegas teñen a obrigación legal de promocionar.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE