​Jácome apúntase para el a vitoria de 'Teruel Existe'

O alcalde ourensán agrega ao seu haber un triunfo ocorrido a máis de 700 quilómetros de distancia. Gonzalo Pérez Jácome aproveitou a entrada de 'Teruel Existe' no Congreso dos Deputados para poñer en valor a marca de 'Democracia Ourensá' ao considerar que a forza aragonesa ha conseguido "aquilo" polo que DO empezara".


|

O alcalde ourensán agrega ao seu haber un triunfo ocorrido a máis de 700 quilómetros de distancia. Gonzalo Pérez Jácome aproveitou a entrada de 'Teruel Existe' no Congreso dos Deputados para poñer en valor a marca de 'Democracia Ourensana' ao considerar que a forza aragonesa logrou "aquilo" polo que naceu o seu partido. 


O líder de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Jácome (i) e o presidente da Deputación recentemente elixido José Manuel Baltar Blanco (PP), (d) que obtivo os votos necesarios para o seu nombr

Jácome comparou a formación de Goberno co seu pacto con Baltar


"Quítome o chapeu ante Teruel Existe porque o noso partido (DO) naceu con esa idea, loitar contra a discriminación de Ourense", expresou Jácome, non sen antes manifestar que para el "é unha honra".


FORMAR GOBERNO...Á OURENSÁ?

Na mesma liña, para o rexedor auriense os resultados do 10N demostran "que a xente quere que se chegue a acordos" e rememorou o seu pacto co Partido Popular, aquel que lle asegurou a cadeira á fronte do goberno municipal e permitiu a continuidade da saga Baltar aos mandos da Deputación de Ourense


Por ese motivo, o alcalde ourensán salientou que os votos aos socialistas baixaron na cidade termal, mentres que os do PP soben. "Demóstrase que o pacto que nós fixemos e que dicían que era a perdición é todo o contrario",  comenta. "A xente vota para que se goberne e non para que se ocupe unha cadeira máis", asevera Jácome.


Doutra banda, o rexedor reclamou, ante os resultado no conxunto do Estado, "un cambio da Lei Electoral" para desconxelar a situación. "Non se pode estar abocado ás eleccións constantemente", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE