A Policía Local de Ourense non é o suficientemente "seria" como para defender ás vítimas da violencia de xénero, segundo Jácome

PSOE, BNG e Cs solicitan que se garanta a permanencia do Concello no sistema VioGen e a dotación de medios á Policía LocalLa oposición no Concello de Ourense –PSOE, BNG e Cidadáns- manifestaron a súa preocupación pola “desidia” do alcalde Gonzalo Pérez Jácome na loita do municipio contra a violencia machista. Os tres grupos solicitaron que se manteña o Sistema VioGen e que o goberno municipal valorou suprimir por “falta de efectivos”.

|

A oposición no Concello de Ourense –PSOE, BNG e Cidadáns- manifestaron a súa preocupación pola “desidia” do alcalde Gonzalo Pérez Jácome na loita do municipio contra a violencia machista. Os tres grupos solicitaron que se manteña o Sistema VioGen e que o goberno municipal valorou suprimir por “falta de efectivos”.


Pleno extraordinario de Ourense sobre Viogen


A formación laranxa, os nacionalistas e os socialistas ourensáns piden "unha xestión eficaz dos recursos materiais e persoais destinados á protección das vítimas" e consideran que esta loita é unicamente unha cuestión de “vontade política”.


ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN

Para facer fronte á falta de efectivos, o PSOE propuxo que sexa a Policía Local, mediante unha “redistribución de efectivos” a que se faga cargo da protección de “quen máis o necesita”. Sobre a falta de efectivos, os socialistas sinalaron ao PP como culpable de que o Sistema VioGen “pasase de ter cinco axentes da Polícia Local a ter só un" .

Pola súa banda, o BNG considerou a decisión de desvincularse do sistema VioGen manifestada polo Concello como "o golpe definitivo da desidia mostrada na loita contra a violencia machista por parte do PP e de DO".

"Vostedes –PP e Democracia Ourensá– teñen maioría para facer uns orzamentos que doten de persoal á Policía Local e ao Centro de Información Municipal das Mujeres (CIMM) mediante unha oferta de emprego público", reprochou o BNG, unha idea á que se sumou Cidadáns afirmando que a necesidade do municipio era “rearmarse en materia de persoal”. Á súa vez, os nacionalistas acusaron á alianza DO-PP de “desidia” na loita contra a violencia machista.


DO MANTÉN O seu PULSO COA LOCAL

Aínda que desde DO quixeron mostrar que o executivo local "condena sen ningún tipo de fisura a violencia machista" e que nunca pensou en suprimir o sistema senón de traspasar as competencias á Policía Nacional, Jácome aproveitou a ocasión para volver atacar á Policía Local, coa que mantén unha cruzada desde o primeiro día de mandato.


“Non se trata de que o Concello protexa ás vítimas", apuntou Jacome, alegando que "o que importa é que estean protexidas e na maioría de cidades españolas este labor lévaa a cabo a Nacional". "Prefiro que a Policía Nacional sexa quen protexa ás vítimas de violencia machista porque é un Corpo a anos luz da Local en canto a seriedade", apostilaron desde Democracia Ourensá.

Despois da intervención de todos os partidos, a moción presentada pola oposición someteuse a votación, onde foi tombada por DO e PP. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE