Homenaxe a Estravís

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Sabemos desde hai poucas semanas, que o lexicógrafo Isaac A. Estravís vai ser homenaxeado pola Deputación de Ourense, coa medalla de ouro da provincia, polo seu labor de recollida de palabras galegas no único dicionario galego que os especialistas usan a diario, e que poucos docentes empregan nas súas aulas, de tendencia reintegracionista, Estravís non ten reparos en afirmar que o galego e o portugués son a mesma lingua. Só muda a grafía. Por iso o agora homenaxeado sufriu a persecución dalgúns políticos que estaban á fronte de importantes institucións. Con todo, Estravís logrou o seu obxectivo amodo e con moita paciencia. A actual norma oficial do galego pouco ten que ver coa creada polo Instituto da Lingua Galega e a RAG, aprobada o 3 de xullo de 1982. No ano 2003 fan unha profunda reforma das normas, vese un claro achegamento ao portugués e mesmo aos grupos reintegracionistas. Estes sempre estiveron moi divididos, por iso o seu labor tivo moita fama coa creación da Associaçao Galega da Lingua AGAL, producindo un material interdisciplinar, lingüístico e científico de moita calidade.


Por outra banda, o oficialismo rodeouse de diñeiro e imposición. Os intentos de que o éxito da norma oficial fose amplamente aceptada, estivo condicionada pola dificultade da súa aprendizaxe, esquecendo que nos mesmos lugares onde se salvou a lingua era imposible cambiala.  Isto é, nas aldeas. Todos os nenos e nenas galegofalantes suspendían galego e os  estranxeiros sacaban moi boas cualificacións. Os alumnos dicíanlle aos docentes “as feixes moi ben o galego da TVG”, e outras cousas semellantes. Pasaron os anos e Estravís, cos seus, seguían na loita. Chegou a ser profesor titular de Universidade de Vigo, por Didáctica da lingua galega, sen haber ningún profesor de galego no seu tribunal. No outro lado, as normas  ortográficas, capitaneadas polo asturiano Constantino García, desfallecían aos poucos, debido aos artificios lingüísticos e as traducións salvaxes que facían dos autores galegos, sen respecto  nin razóns. Cousas do poder!


Estravís é coñecido polo seu dicionario, pero poucos saben que en 1966 fixo a primeira tradución do libro dos Salmos ao galego. Daquela a igrexa de Roma só permitía traducións da Vulgata Latina. Logo cambiaron e hoxe as traducións fanse desde os textos orixinais, pero antes estaba prohibido. As numerosas publicacións de Isaac Estravís fan que este recoñecemento da Deputación teña sentido, e chegue a tempo. Pero non deberiamos esquecer o máis importante, que é o seu labor como docente. Nestes anos puiden ler textos de alumnos de  Estravís e todos destacan a súa proximidade con eles. Demasiadas veces pensamos que a autoridade vai xunto co posto de traballo de profesor, e todo é moito máis complexo. Estravís é dos poucos que nunca suspendeu a un alumno, sen regalarlle nada de nada. A clave está en que os gañou a todos pola súa forma de dar a aulas, e iso xerou un respecto que acabou conseguindo unha autoridade sen esforzo.


Outras homenaxes dedicadas a Estravís xa tiveron lugar na Galicia. O 21 de setembro de 2019, rodeado de amigos e amigas, en Meira, preto do Pedregal de Irimia, recibiu unha fermosa escultura de pedra. O 26 de outubro do mesmo ano, tivo lugar unha homenaxe na “Era de Xoana”  (Ramil), na provincia de Lugo. Outras homenaxes veñen de camiño, e en todos eles está presente, no ambiente, a memoria da súa compañeira Manuela Ribeira  Cascudo (falecida no 2017) que permitiu que Estravís mostrase a súa cara máis fermosa: dar todo por amor. Durante os longos meses de enfermidade da súa amante compañeira, non faltou nin un intre para coidala. É por iso, que esta homenaxe na Deputación de Ourense, ademais de recibir a medalla de ouro da Provincia, moitas emocións encherán o seu corazón. Desde este pequeno espazo vaian os meus parabéns ao meu irmán, amigo de amigos e profesor exemplar.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE