Okupan postos na Praza de Abastos e logo alúganos

O portavoz do Concello de Ourense, Miguel Caride, denunciou que os ocupas que desde antes do pasado verán invadiron o edificio público dedícanse a alugar os diferentes postos dentro do inmoble.

|

Os comerciantes teñen "medo" pola situación de inseguridade que din crean os supostos trapicheos con drogas e outros incidentes


O portavoz do Concello de Ourense, Miguel Caride, denunciou que os ocupas que desde antes do pasado verán invadiron o edificio público dedícanse a alugar os diferentes postos dentro do inmoble.


Praza de abastos de Ourense

Unha imaxe de arquivo da Praza de Abastos



REUNIÓN CO CONCELLEIRO

Esta situación, denunciada polos placeiros dese hai meses, foi trasladada na mañá deste xoves polo concelleiro á xunta de goberno local.

"Hai ocupas que se fixeron con varios postos e alúganos. Pero non vén de agora. Xa levan aí unha temporadita, desde antes do verán", afirmou, en declaracións a Europa Press, o presidente dos comerciantes da Praza de Abastos, Emilio González, quen subliñou ademais que estes individuos "trapichean con drogas e enganchan a luz".

Caride asegurou que se atopan á espera de que se tramite a autorización xudicial para desaloxar o lugar e acabar cunha situación --comunicada a tráves de tres escritos remitidos ao consistorio-- que "está a crear unha inseguridade cidadá importante na zona".

Tras o incendio que se produciu nun dos locais o pasado mes de setembro, o maior "medo" que teñen agora os comerciantes é o de que "arda" o edificio, que se atopa pendente dunha reforma integral.


Os PLACEIROS QUÉIXANSE DA INSEGURIDADE

De feito, segundo relata o presidente dos placeiros, na madrugada do pasado día 11 ocorreu un incidente semellante cando un home tentou prender lume a un dos postos, chegando a queimar a parede e un televisor.

Outro dos problemas denunciados polos afectados é a falta de luz na praza. Respecto diso, o tamén concelleiro de Infraestruturas aclarou que se tivo que "cortar a iluminación da praza por motivos de seguridade --a iluminación interior e exterior están unidos-- e adiantou que se fará "unha pequena obra para reparar as dúas subministracións".

ATRASO DAS OBRAS
"Cando saímos de alí --do edificio agora ocupado cara á infraestrutura provisional da Alameda--, parece ser que as obras ían empezar de forma inminente, e non empezaron, e ao pouco tempo, aos seis ou sete meses, foi cando chegaron os okupas", manifestou Emilio González.

O atraso no inicio da reforma da Praza de Abastos, pechada hai 17 meses, é un dos motivos desta realidade. A maquinaria debería entrar xa, pero actualmente estase á espera dunha adxudicación municipal.


O ALCALDE ATACA AOS PLACEIROS

O proxecto está taxado en 4,8 millóns de euros, pero, segundo o informe do interventor local, existe unha irregularidade, xa que só hai 1,7 millóns destinados a tal fin e aínda non se aprobaron os orzamentos.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, prometeu o pasado mes de setembro que "a obra se fará" a pesar do seu custo "esaxerado". Con todo, acusou os placeiros de estar a facer "competencia desleal" ao comercio local por dispoñer de postos a menor preciou e remarcou que "as súas vendas subiron un 25%" desde que están na Alameda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE