Investigadores galegos, "todos eles doutores e a maioría cum laude", que veñen de participar nun proceso de concurso da Xunta que ofertaba 46 prazas para investigación en universidades e centros de investigación da comunidade, denuncian que desde a administración galega realizaron dita convocatoria "sen ningunha garantía, transparencia e violando tanto cláusulas da propia convocatoria como a reserva de prazas para discapacitados".
Como argumentos da súa dura acusación, os socialistas argumentan que a convocatoria inclúe un número "ridículo" de preguntas acertadas necesarias para superar a fase de oposición, "que consiste nun único exercicio baseado en preguntas tipo test". XSG critica ademais a "exclusión sospeitosa" da puntuación de méritos académicos mentres que a experiencia como interino puntua un "extraordinario" 35%.Por agora, Función Pública da Xunta non respondeu ás críticas das XSG. A formación política demanda que as prazas se cubran por oposición libre -onde non se puntuan méritos- vista a "mala fe" do actual concurso oposición.
Un total de 811 persoas presentaron a súa solicitude para formar parte do proceso selectivo e obter unha das 156 prazas ofertadas de Policía Local, convocadas pola Xunta para traballar en 28 concellos galegos.
Pese ao elevadísimo número de opositores que acudiron ás recentes oposicións da Consellería de Educación, un 19% das prazas acabaron sen adxudicar. Algúns aspirantes e o principal sindicato do sector cren que o Goberno inflou artificialmente as prazas convocadas para poder presumir dunha gran oferta de emprego público.
A resposta do Goberno Galego para paliar a crise laboral no SERGAS plásmase hoxe no DOG. A Consellería de Sanidade publica as bases de concúrsoos-oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería.
Catro opositores galegos tomaron a decisión de investir o seu diñeiro en alugar unha avioneta para ter máis oportunidades á hora de atopar a estabilidade laboral.
A plataforma 'Enfermeiras Eventuais en Loita' marcará coas súas protestas unha xornada na que un total de 8.738 persoas foron admitidas na Oferta Pública de Emprego (OPE) de Enfermería, dotada con 830 prazas, para realizar os exercicios para este domingo 12 de maio ás 15,00 horas no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
As enfermeiras eventuais do SERGAS denuncian as súas condicións en vésperas das oposicións de enfermería no Sistema de Saúde galego cunha campaña viral e animando ás “precarias” a vestirse de negro en sinal de protesta.
O polémico proceso de funcionarización para que parte do persoal laboral de la Xunta de Galicia poida pasar a ser funcionario segue adiante, a pesar das críticas dalgúns sindicatos.