Aberta a inscrición para opositar a 205 prazas de educadores, enfermeiros, fisioterapeutas e médicos
O Goberno galego abre o prazo de inscrición nas oposicións destinadas a cubrir 205 prazas de educadores, enfermeiros, fisioterapeutas e médicos, como parte da convocatoria de emprego social para reforzar centros de maiores, de día ou atención á discapacidade e a muller.

Exame de oposicións
O DOG publica a convocatoria este mércores, na que inclúe que 86 das citadas prazas serán para educadores, 69 para enfermería e 10 para fisioterapeutas, que se convocan por primeira vez na Administración autonómica.
Doutra banda, publicará este xoves dúas convocatorias para cubrir 40 prazas de médicos, por unha banda para persoal funcionario e por outro para persoal laboral. Do total de 205 prazas, a maioría serán de acceso libre, unhas 156.
Escribe o teu comentario