O Goberno galego abre o prazo de inscrición nas oposicións destinadas a cubrir 205 prazas de educadores, enfermeiros, fisioterapeutas e médicos, como parte da convocatoria de emprego social para reforzar centros de maiores, de día ou atención á discapacidade e a muller.
Máis de 20.000 persoas están chamadas a participar nas oposicións de acceso á Xunta que se celebrarán esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda.