A Xunta dá un paso atrás e apraza as oposicións de Educación para 2021
As oposicións de profesorado en Galicia aprázanse ata o ano 2021. Así o acaba de anunciar a conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, durante a súa comparecencia na Deputación Permanente do Parlamento galego.
A presión dos opositores e as diversas campañas contra a celebración dos examenes que viñan dando desde hai semanas explican este paso atrás da Consellería de Educación.
As oposicións de profesorado en Galicia aprázanse ata o ano 2021. Así o acaba de anunciar a conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, durante a súa comparecencia na Deputación Permanente do Parlamento galego.
Pomar defendeu a postura mantida pola Xunta de esgotar os prazos por "respecto" ao traballo diario dos opositores. Así mesmo xustificou o aprazamento pola incerteza respecto a a alerta sanitaria, a desescalada, e o fin das medidas de confinamento, ademais da nova prolongación do estado de alarma máis aló do 26 de abril.
Escribe o teu comentario