700 persoas para unha das 158 prazas de policía local convocadas pola Xunta
Máis de 700 persoas optarán a unha das 132 prazas de policía local que oferta a Xunta a través da convocatoria unificada na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
Máis de 700 persoas optarán a unha das 132 prazas de policía local que oferta a Xunta a través da convocatoria unificada na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
Ademais, na resolución indícase tamén a data da primeira proba (test de coñecemento) e da segunda (proba de galego para os non exentos), que terán lugar o próximo 27 de outubro no recinto feiral de Sillera, no pavillón dous.
A proba de coñecementos consiste en 100 preguntas tipo test do temario proposto na convocatoria con catro respostas posibles e só unha correcta. Os aspirantes dispoñen dun total de 120 minutos para responsables.
Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, trátase da segunda convocatoria que organiza a Agasp de acceso á categoría de policía local. Neste proceso selectivo, segundo o solicitado polos concellos, ofertaranse 158 prazas en 28 concellos galegos: 132 pola quenda de libre e 26 pola quenda de concurso mobilidade.
A Xunta publicou a finais do 2017 un decreto para centralizar na Agasp as oposicións de auxiliares e policía locais dos concellos que así o decidisen de forma voluntaria (actualmente, xa son 73 os concellos que se adheriron a este procedemento).
Escribe o teu comentario