A plataforma #Opos2021XustasParaTodxs pide unha convocatoria única de oposicións docentes o próximo ano

A plataforma #Opos2021XustasParaTodxs, que representa a estudantes dos másteres de Secundaria, do curso de Profesorado Técnico de FP e dos graos de Maxisterio Infantil e Primaria de toda Galicia, reclama á Xunta a realización dunha única convocatoria de oposicións de ensino para o próximo ano, que aglutine as prazas correspondentes a 2020 e 2021.



|

A plataforma #Opos2021XustasParaTodxs, que representa a estudantes dos másteres de Secundaria, do curso de Profesorado Técnico de FP e dos graos de Maxisterio Infantil e Primaria de toda Galicia, reclama á Xunta a realización dunha única convocatoria de oposicións de ensino para o próximo ano, que aglutine as prazas correspondentes a 2020 e 2021.


Participantes nas probas de oposicións no recinto feiral de Silleda
"O máis lóxico é a celebración de un único proceso no que se garantan as prazas convocadas no 2020 xunto coas correspondentes ao 2021", propón o colectivo, que agrupa ao redor dun milleiro de persoas.

O alumnado, que, subliñan, "na maioría dos casos, obterá en poucas semanas a titulación que lles permita acceder a estas probas", declara vivir unha "situación de vulnerabilidade" se a Consellería de Educación abre o prazo de inscrición para as oposición atrasadas ao ano que vén cando se levante o estado de alarma.


"INCOHERENCIA"

"Sería unha incoherencia", denuncian, mostrando a súa total solidariedade cos actuais aspirantes, cos que descartan ningún tipo de confrontación. "Este colectivo tamén estaría afectado pola decisión da Xunta, apuntan, xa que o feito de inscribirse agora nun proceso opositor que terá lugar no 2021, impediríalles computar o tempo traballado como interinos o próximo curso 2020/2021".

"E tamén acreditar outros méritos que puideran obter ata o ano que vén", engaden. Adicionalmente, aseguran que tamén terían que adiantar "o custo das taxas, nun momento economicamente difícil para toda a sociedade". "Esta situación sería para eles un agravio comparativo fronte aos aspirantes que xa teñen puntuación máxima", lembran.

A plataforma tamén advirte de "as consecuencias colaterais que este aprazamento de oposicións poida ter para o ensino público galega, xa que a oferta de emprego público podería verse reducida nesta nova convocatoria", aseguran incidindo en que "existe o risco de que as prazas dos cursos 2020/2021 e 2021/2022 non sexan cubertas)".

Por outra banda, inciden na importancia de "consolidar unha excelente oferta de prazas, que garanta a calidade da docencia nos centros educativos, tendo en conta as inminentes xubilacións, que se producirán en breve, no campo educativo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE