Lugo

Máis dun centenar de hostaleiros de Lugo concéntranse para "salvar" ao sector da crise
Máis dun centenar de hostaleiros de Lugo realizaron unha protesta este xoves ante a Subdelegación do Goberno, onde chamaron a "salvar" ao sector ante a situación que atravesa polo peche de establecementos decretado pola Xunta debido á pandemia.
Alcoa alega que o ERE é "necesario" e recorre o fallo do TSXG que lle impide parar as cubas
Defende que o despedimento colectivo é "necesario" pois a planta é "pouco competitiva" e que actuou "de boa fe" e "conforme" ás normas
A compra de Polusa por Ribeira Saúde confirma a desgaleguización da sanidade privada no país
Ribeira Saúde comprou o 54% do Hospital Polusa de Lugo, segundo informan a Europa Press fontes da empresa. A través dunha nota de prensa, a conselleira delegada asegura que con esta adquisición o grupo "reafirma o seu compromiso coa sanidade galega" e a súa "vontade de seguir crecendo e desenvolvendo" o seu modelo de saúde "responsable".
Levantar o confinamento dos concellos que saen de alerta vermella? O presidente de Lugo pídeo para Monforte
O Concello de Monforte remitiu unha solicitude ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedir o levantamento do peche perimetral do municipio tras os últimos datos das autoridades sanitarias e o paso de alerta vermella a laranxa pola incidencia da COVID-19.
Tres detidos durante unha operación antidroga para desarticular dous puntos negros de venda en Lugo
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a tres homes, dous de 25 anos con antecedentes e un de 20 sen estes, por senllos delitos de tráfico de drogas no marco de dous operativos debido aos que quedaron desmantelados dous puntos negros de venda de drogas na cidade.
​Do pozo a playoff en cinco pasos: a receita de Nafti para o éxito do CD Lugo

O club albivermello só necesitou dúas semanas para reverter unha situación que parecía abocar ao club á loita pola salvación. 

A experiencia 'Energy Challenge' sobre a transición enerxética aterra en Lugo da man de Fundación Naturgy
A Fundación Naturgy leva esta semana a Lugo o roteiro do Energy Challenge, "unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos, e ao público en xeral, coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular, a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas".
A Fonsagrada denuncia que a opacidade da Xunta cos datos do coronavirus impídelle o control dos brotes
Sostén que, a falta de datos por parte da Consellería, os contagios poden estar relacionados coa residencia
​Tesla inaugura o seu primeiro ‘Supercharger’ en Galicia no centro comercial das Termas

O xigante automobilístico presenta o primeiro punto ‘Supercharger’ da comunidade para recárgaa de vehículos eléctricos.

A limpeza de pintadas da Catedral non deteriorou o templo, sostén o Concello

O concelleiro de Medio do Concello de Lugo, Álvaro Santos, asegurou que "non se alteraron, nin se deterioraron" os elementos afectados na limpeza das pintadas da Catedral e que así o recoñece a Diocese de Lugo.

Unha manifestación "como poucas se viron en Lugo" para defender o emprego en Aloca San Cibrao

"Foi unha manifestación como poucas se viron en Lugo", asegurou a Europa Press o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Carlos Somoza (Alcor Seguridade) sae indemne dun xuízo por falsidade documental ao fío do "Caso Muro"

A causa contra Alcor Seguridade por suposta falsidade documental foi sobreseída por falta de probas. Así figura nunha sentenza do Xulgado Número 2 de Monforte á que tivo acceso Galiciapress. En declaracións a esta redacción, o empresario Carlos Somoza, directivo de Alcor Seguridade , nega calquera irregularidade ao fío do 'Caso Muro'. Recoñece, iso si, pagar menos que outros pero argumenta que así puiden "dar emprego a moita xente". 

Outra festa en Lugo con decenas de persoas sen máscara despois doutra causase un brote na cidade
Axentes da Policía Nacional interviñeron na noite do domingo ao luns nun local de lecer de Lugo para disolver unha festa na que participaban decenas de persoas.
Un só foco de coronavirus nunha familia de Friol basta para poñer ao concello en alerta amarela
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, destacou este martes que impera a "normalidade" no municipio a pesar dun brote de Covid-19 que afecta a sete membros dunha mesma familia e polo que a Xunta decretou alerta amarela.
A Xunta chama aos traballadores de Alcoa San Cibrao a "impugnar o ERE" para non parar a factoría
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este sábado en animar aos traballadores da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, en Cervo (Lugo), a que "impugnen" o expediente regulador de emprego (ERE) e que pidan á xustiza "medidas cautelares para que non paren as cubas".
Alcoa despide a 524 empregados e para as cubas un día despois de recibir 900.000€ de subvención


A multinacional aplica o despedimento colectivo a pesar de que hoxe mesmo a Administración advertiulle que violou as normas que rexen as negociacións de Es tras rexeitar unha oferta do Estado. O asunto acabará moi probablemente nos tribunais, pois a polémica nacionalización da fábrica é, agora mesmo, a única solución factible para salvala. 

Unha festa con 90 persoas nun bar provoca un novo brote de coronavirus en Lugo
A Policía Nacional interveu a celebración a finais de setembro e denunciou a 23 persoas por non levar máscara
Feijóo disposto a reclamar a intervención de Alcoa San Cibrao ao Goberno se non se vende a planta
Pontón acusa o presidente autonómico de ter "a cara de cemento armado" por cuestionar a actuación do BNG e pide intervención xa
Identificadas case un centenar de persoas de festa ás 3 da madrugada nun local de Lugo, 23 delas sen máscara
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de Radiopatrullas, paralizaron a pasada fin de semana unha festa nun bar da cidade na que había unhas 90 persoas, 23 delas sen levar máscara.
A Cova Eirós foi un campamento de caza dos neandertales e un taller para fabricar ferramentas, demostra un estudo
As últimas escavacións en Cova Eirós, en Triacastela (Lugo), permitiron coñecer máis sobre os modos de vida dos neandertales nas serras orientais galegas, así como constatar hipóteses realizadas en campañas anteriores e que apuntaban a que foi utilizada como campamento onde se desenvolvían actividades de caza e elaboración de utensilios.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE