Outra festa en Lugo con decenas de persoas sen máscara despois doutra causase un brote na cidade
Redacción |
Martes, 13 de Outubro de 2020, 17:15
A finais de setembro a Policía tivo que entrar nun bar da Rúa Milagrosa ateigado de clientes sen máscara. De aí xurdiu un brote con polo menos media ducia de positivos. A historia repítese semanas despois, agora na rúa Falcón.
MOITOS FUXIRON Ao VER Á POLICÍA
En concreto, os feitos ocorreron de madrugada nun local da Rúa Falcón. A pesar de que o establecemento debía pechar as súas portas máis dunha hora antes, no seu interior e nas súas inmediacións atopábanse varias decenas de mozas, sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade.Ademais de incumprir o horario de peche, os axentes determinaron que o local tamén vulneraba o aforo máximo permitido e que moitos dos mozos non levaban máscara.
Aínda que á chegada da Policía, moitos se marcharon do lugar, os axentes impuxeron máis dunha vintena de denuncias por infraccións, algunhas das mesmas por tráfico de drogas.
SEN GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE NUNHA FESTA NUN PISO
Por outra banda, tamén na noite do domingo ao luns, a Policía Local de Lugo levantou sete actas de denuncia por unha festa nun piso de estudantes na rúa Campos Novos.Alertados polos veciños, os axentes desprazáronse ata a zona, onde comprobaron que se escoitaba ruído de música e voces de persoas. Na vivenda identificouse a sete persoas, todas sen máscara, que non eran conviventes e non respectaban as distancias de seguridade.
Escribe o teu comentario