Unha festa con 90 persoas nun bar provoca un novo brote de coronavirus en Lugo

A Policía Nacional interveu a celebración a finais de setembro e denunciou a 23 persoas por non levar máscara

|

A finais de setembro a Policía tivo que entrar nun bar da Rúa Milagrosa ateigado de clientes sen máscara.  Dúas semanas despois do desaloxo policial, empezan a saltar positivos, por agora, seis.


A Policía Nacional interveu a celebración a finais de setembro e denunciou a 23 persoas por non levar máscara


Comisaría da Policía Nacional en Lugo nunha imaxe de Google Street View

Comisaría de Lugo


Unha festa nocturna nun bar de Lugo na que tivo que intervir a Policía Nacional a finais de setembro saldouse cun brote con polo menos seis casos positivos de COVID-19 asociados, segundo confirman a Europa Press fontes da área sanitaria.


O 25% NON LEVA A MÁSCARA OBRIGATORIA

En concreto, trátase dunha celebración en un local da rúa Milagrosa á que asistiron unhas 90 persoas, 23 delas sen máscara, o sábado 26 de madrugada.


Días máis tarde, tras coñecerse o primeiro contaxio dun dos clientes, realizáronse as probas aos seus contactos e, polo momento, hai seis casos de coronavirus detectados.


Na noite da festa, a Policía Nacional acudiu ao lugar tras ser alertada e sancionou ás 23 persoas que non utilizaban máscara, segundo informou o corpo.


SALTÁNDOSE VARIAS BARREIRAS

Ademais, procedeu a abrir un expediente de estranxeiría por irregularidades a un dos clientes e, con respecto ao local, realizouse acta de denuncia por permitir o consumo de bebidas na barra e outra por exceso de aforo.

O local tamén incumpría o horario de peche, debido a que "estaba en pleno funcionamento ás tres da madrugada", explicou a Policía Nacional, mentres que outro dos clientes foi denunciado por desobediencia a axentes da autoridade, segundo o establecido na Lei de Seguridade Cidadá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE