Un só foco de coronavirus nunha familia de Friol basta para poñer ao concello en alerta amarela

|

O semáforo de alertas da Xunta varía en función da cantidade de positivos por habitantes. En municipios con pouca poboación un brote entre unha familia grande é suficiente para situar ao Concello en nivel 1.


O alcalde de Friol, José Ángel Santos, destacou este martes que impera a "normalidade" no municipio a pesar dun brote de Covid-19 que afecta a sete membros dunha mesma familia e polo que a Xunta decretou alerta amarela.


Centro de Sau00fade de Friol nunha imaxe de Google Street View

Centro de Saúde de Friol nunha imaxe de Google Street View 




TODOS ASINTOMÁTICOS POR AGORA

Santos asegurou que no municipio fan "vida normal, sen ningún tipo de restricións". "Máis aló das que viñamos tomando xa con anterioridade", abundou.

"Trátase dun estado de alarmismo, dado que por sorte só afecta a unha familia e todos son asintomáticos. É certo que desde a Xunta de Galicia decrétase o estado de alerta amarela cando hai sete positivos, por desgraza nesta familia son sete os positivos e decretouse a alerta amarela", sinalou.

Ademais, Santos puntualizou que esta familia permanece en corentena na súa casa "desde a semana pasada", e reiterou que estas sete persoas "son todas asintomáticas".


DESINFECCIÓNS

O Concello de Friol segue "desinfectando zonas públicas, parques infantís, rúas e aqueles lugares onde fan máis vida os veciños no centro urbano", indicou. "Seguimos con esas tarefas de limpeza e desinfeccións que vimos facendo desde o mes de marzo", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress