A Fonsagrada denuncia que a opacidade da Xunta cos datos do coronavirus impídelle o control dos brotes

Sostén que, a falta de datos por parte da Consellería, os contagios poden estar relacionados coa residencia

|

Carlos López, alcalde da Fonsagrada, denuncia que a falta de transparencia por parte de Sanidade fai imposible coñecer as dimensións dun posible brote na localidade.


O rexedor afirma que no municipio, que conta cunha residencia pública e tres vivendas comunitarias, déronse caso de coronavirus entre usuarios e traballadores dos centros, "pero debería de ser Sanidade quen deba dicilo".


Fonsagrada

Carlos López, alcalde da Fonsagrada




O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, mostrou o seu malestar polo feito de que a Xunta non facilite información sobre un posible brote neste municipio da montaña de Lugo.


O rexedor criticou que "oficialmente" non sabe nada xa que Sanidade, a través do mapa de concellos, só "actualiza uns datos" nos que se di que "no últimos sete días hai de 14 a 21 positivos" no municipio.


"Non os diferencian se (os contagios) son en vivendas comunitarias, se son veciños que non están nesas vivendas. Sabemos iso porque actualizaron o mapa, pero oficialmente non podo dar máis datos porque non o sei", manifestou.


Fronte a iso, o alcalde asegurou que puido coñecer que o brote pode estar localizado na residencia, con oito usuarios positivos e dous traballadores. Con todo, incidiu en que estas poden ser cifras non "exactas" ata que conten coa información por parte da Consellería.

"Sei que hai algún usuario e algún traballador que deu positivo, pero debía de ser Sanidade quen debía dicilo. Sobre todo porque hai tres vivendas comunitarias (para maiores) e unha residencia pública. Deberían de informarnos para que os familiares estean tranquilos", afirmou.


VACINAS FALSAS

Por outra banda, o rexedor asegurou ter constancia por a Garda Civil de que "dúas persoas procedentes da zona de Asturias andaban por algún núcleo rural tentando estafar á xente" coa venda dunhas falsas vacinas contra a COVID.


"Temos que alertar á xente que todo iso non é máis que unha estafa", manifestou Carlos López para seguidamente constatar que nos últimos días non ten noticias de que cometesen máis estafas, que teñen como vítimas, sobre todo, "a persoas maiores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE