Hai uns días a alcaldesa Inés Rey afirmaba nunha conversación para este medio que non descartaba alcanzar un acordo e que mantiña as súas portas abertas. Agora, o principio de acordo, similar ao alcanzado e asinado entre o PSOE e o BNG, deberá ser ratificado hoxe polas bases de Marea Atlántica, que non formará parte do goberno municipal.
A primeira alcaldesa electa da historia da Coruña atende a Galiciapress para narrar como están a ser estes primeiros días de goberno municipal. A rexedora socialista non pecha a porta para lograr un pacto con Marea Atlántica ou BNG, agora ou no futuro, aínda que asume que en principio terán que gobernar en solitario. Á súa vez, pide responsabilidade a PP, Cidadáns e especialmente a Unidas Podemos para poder investir a Sánchez, algo que considera clave para a aprobación do tan reclamado Estatuto Electrointensivo. “Se non estivese en funcións (o goberno) xa estaría convocado o Consello de Ministros para aprobar o Estatuto Electrointensivo”, alega.
A alcaldesa da Coruña reclama sentido de Estado ás forzas da oposición para que permitan un novo Goberno que poida liquidar definitivamente a crise de Alcoa. "Quero facer unha chamada á responsabilidade das forzas políticas porque é moi fácil acudir unha manifestación para facerse a foto e logo non permitir que exista un Goberno que poida facer un Consello de Ministros e aprobar o Estatuto das Industrias Electrointensivas", afirmou Inés Rey esta mañá en declaracións a Galiciapress.
Galiciapress entrevista á futura alcaldesa da Coruña: Inés Rey (1982). A socialista, que conta coa vontade de Marea Atlántica e do BNG para investila rexedora, será a primeira muller electa á fronte de María Pita. Rey ten ademais o compromiso do goberno central para solucionar a situación de Alcoa e prevé un goberno autonómico con Gonzalo Caballero como presidente. O feminismo, a vida nos barrios ou o deporte na cidade, onde sofre cada semana co seu Deportivo da Coruña, son outros dos temas da charla.
O PSOE pide tempo antes de desvelar se gobernará en solitario ou cunha Marea Atlántica moi tocada, que ademais pode ver como se marcha o actual alcalde Xulio Ferreiro
Galiciapress entrevista a Inés Rey (1982), a favorita para ser a nova alcadesa da Coruña, segundo unha enquisa deste domingo, e unha das caras novas das eleccións municipais na Coruña. A avogada impúxose en novembro nas primarias do PSOE e agora aspira a recuperar o goberno en María Pita para os socialistas. Crítica coa xestión de Xulio Ferreiro, ve unha cidade paralizada e sucia, proxecta recuperar a vida nos barrios e garante unha solución satisfactoria para os empregos de Alcoa. A limpeza e o polémico debate en ASCEGA son outros dos temas desta conversación.
A avogada impúxose na segunda volta das primarias ao actual portavoz municipal socialista, José Manuel García, próximo a Gonzalo Caballero. Rey, que conta con apoio como o do parlamentario Juan Díaz Villoslada levou o 53,3% dos votos.