Os traballadores de Nostián, a planta de lixos da Coruña, deteñen a folga
Entenden que o ERTE e os recortes que pretendía aplicar a concesionaria Albada paralízanse. Esperan un novo marco legal tras unha prórroga de dous anos do servizo.
Os traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián, na Coruña, acordaron, nas asembleas celebradas esta pasada noite, a suspensión da folga indefinida iniciada o pasado 8 de decembro, segundo informa a CIG.
Fixérono tras coñecer que la Xunta de Goberno do Concello herculino aprobou a intervención temporal da concesión, aínda que dá antes un prazo de tres días á empresa concesionaria, Albada, para que reconsidere a súa decisión de non recoller, a partir do un de xaneiro, os residuos dos municipios limítrofes e aplicar un expediente de regulación de emprego (ERTE) para 39 traballadores.
¿ADEUS AO ERTE?
De non facelo, e non atender aos requisitos existentes no convenio vixente, segundo apuntouse desde o goberno municipal, aplicarase a intervención temporal que deixaría en suspensión o citado ERTE.
Tras esa decisión, os traballadores acordaron a suspensión da folga, que se fará efectiva este mércores coa entrada a traballar do persoal da quenda das 14 horas.
A medida aprobada en Xunta de Goberno foi comunicada pola concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ao comité de empresa nunha reunión na que, segundo precisa a CIG, o Consistorio comprometeuse á intervención temporal da concesión "por un prazo máximo de oito meses".
GARANTIR O SERVIZO
"O que permitirá garantir o cumprimento da prestación do servizo e seguir recibindo e tratando os residuos procedentes do Consorcio das Mariñas, como viña facendo", engade.
A intervención, remarca a central sindical, supón "a retirada do ERTE e da modificación substancial dade condicións laborais que Albada pretende aplicar desde o 2 de xaneiro". "Estes dous puntos foron os que levaron os traballadores e as traballadoras de Albada a convocar a folga indefinida", lembra.
Por outra banda, explica que desde o goberno local trasladouse "un compromiso de mantemento das actuais condiciones socio-laborais recollidas no convenio colectivo e estudar os mecanismos legais" para unha prórroga "por un prazo de dous anos, tempo no que se procedería á negociación do novo marco regulador".
Escribe o teu comentario