Os traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián, na Coruña, acordaron, nas asembleas celebradas esta pasada noite, a suspensión da folga indefinida iniciada o pasado 8 de decembro, segundo informa a CIG.
A planta de xestión de residuos de Nostián, na Coruña, aumentou nun 21 por cento a súa eficiencia na recuperación de envases respecto ao ano pasado grazas ás obras de mellora desenvolvidas no centro herculino.