A obra de teatro Fariña, con banda sonora de Novidades Carminha, inicia o seu percorrido por Galicia
A Coruña será a primeira etapa dunha produción que adapta a exitosa crónica de Nacho Carretero sobre un dos aspectos máis controvertidos da sociedade galega
O Teatro Colón da Coruña acollerá o 25 de outubro a estrea da adaptación teatral de 'Fariña', baseada na obra de Nacho Carretero. Posteriormente, iniciará unha xira por distintas cidades galegas.
Á presentación na cidade herculina, asistiu a alcaldesa, Inés Rey, que mostrou a súa satisfacción pola estrea na Coruña dunha peza teatral que "poñen o foco nunha secuela social, a droga, nunha xeración perdida e na loita dun grupo de nais e pais devastados pola perda dos seus fillos".
Tamén felicitou ao autor, o elenco de actores e actrices, o director e produtores por levar agora a obra aos escenarios. Mentres, para Nacho Carretero, produtor da obra, a adaptación ao teatro achega "un punto de vista máis próximo, máis familiar". Tamén explicou que a súa intención e a do equipo é a de "facer cultura dun capítulo moi escuro da nosa historia".
A adaptación escrita por José Luis Prieto e dirixida por Tito Asorey conta cun elenco formado por Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e CristinaIglesias. O grupo Novidades Carmiña será o encargado de poñerlle voz á banda sonora da peza teatral.
Escribe o teu comentario