incendios forestais

O balance de superficie queimada nestes días supera á do resto do ano

Sen ningún incendio que poña en perigo xa a núcleos de poboación, a Xunta adianta que as cifras serán elevadas.

Miles de persoas maniféstanse contra os incendios e a política forestal da Xunta

Feijóo e a conselleira de Medio Rural, sinalados pola falta de prevención.

Telefónica mobiliza máis de 350 traballadores para reparar os danos dos incendios

As comunicacións duns 8.000 clientes da compañía víronse afectadas, entre liñas fixas e conexións móbiles.

A oposición coincide en pospoñer a análise "política" ata que a situación se normalice

En Marea, PSdeG e Bloque piden cambiar a orde do día do pleno do Parlamento polos incendios.

Celta e Las Palmas súmanse á condena da vaga de incendios

Sairán ao céspede con camisetas con mensaxes, xogarán con brazaletes negros e gardarán un minuto de silencio polas vítimas.

Feijóo defende que nunca houbo tantos medios en outubro entre reproches de brigadistas

Os comités de empresa de Seaga critican que se prorrogase o contrato dos seus 500 traballadores desde este luns e non cando remataron hai catro días.

Lara Méndez: "Mañá haberá que pedir explicacións"

Álvaro Santos coincide en que "hoxe toca apagar o lume, pero unha vez que estean apagados os incendios toca sentar".

As chamas deixan sen herba para afrontar o inverno a gandeiros de Chandrexa

"Podería obrigar a algúns produtores a vender os seus animais" porque se suma á situación de seca.

O fiscal de Medio Ambiente descarta unha trama organizada detrás dos lumes

Feijóo, con todo, carga contra o "terrorismo incendiario". "Atacáronnos indiscriminadamente e non puideron facer máis dano", proclama.

Como debemos reaccionar cando o lume avanza e se achega á nosa vivenda?

A Xunta lanza unha serie de recomendacións sobre a propia seguridade dos veciños e os servizos de extinción.

Os traballadores de PSA-Citroën puideron volver este luns á fábrica

O domingo houbo que desaloxar as naves pola proximidade das chamas.

O tempo concede polo menos dous días de respiro para poder loitar contra o lume


Volve a choiva, amaina o vento e descenden os termómetros. Témese que choivas fortes no outono provoquen un desastre ambiental.

"Está a man do home detrás e Galicia sábeo"

Hai varias persoas investigadas polas autoridades. Algunhas foron levadas a dependencias policiais, pero non hai ningún detido.

A chegada da chuvia afasta o perigo dos núcleos de poboación de Pontevedra

A situación continúa sendo máis compicada en Ourense e Lugo, onde aínda quedan nove lugares ameazados.

"Había tractores que rozaban durante o inverno e a Consellería desfíxose deles"

Expertos avisan de que o tempo máis seco e cálido todo o ano obriga a cambios na loita contra incendios.

A vaga de incendios de outubro demostra o "erro" de centrar os esforzos na extinción

O director da Escola de Enxeñería Forestal reclama prevención. Galicia segue ardendo en pleno outono. 

Galicia acumula no que vai de mes 235 incendios forestais, máis do dobre do agardado

Lugo e Ourense concentran a maioría de focos e a cifra é máis do dobre que a media do últimos cinco anos

Coa Baixa Limia e o Xurés aínda ardendo, os incendios forestais afectan tamén ao Courel

Os incendios desta semana arrasan máis de 1.200 hectáreas, co dispositivo de extinción desmantelado.

Os incendios forestais de Ourense calcinan centos de hectáreas desde o domingo

Eel incendio que empezou o domingo pola noite en Lobios na parroquia de Río Caldo queimou unhas 300 hectáreas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Prisión provisional para o brigadista detido por prender lume reiteradamente no Xurés

Os investigadores viron que "todos os incendios se producían a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE