Lara Méndez: "Mañá haberá que pedir explicacións"

Álvaro Santos coincide en que "hoxe toca apagar o lume, pero unha vez que estean apagados os incendios toca sentar".


|

Laramendezlugoalcaldesa


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o portavoz socialista do goberno da Deputación, Álvaro Santos, coincidiron este luns en sinalar que, que "aínda que hoxe non é o día", pedirán á Xunta "explicacións" sobre a onda de incendios que afecta a Galicia.


Ambos os políticos realizaron estas declaracións tras gardar un minuto de silencio ás portas do consistorio, ao fío do mediodía, para mostrar a súa solidariedade en relación aos incendios e o dó polo falecemento de catro persoas.


"Hoxe é un día triste para Galicia. Vivimos nunha situación de alerta máxima e o que toca agora é traballar para extinguir todos os incendios e que esta situación non prevaleza no tempo", sinalou a alcaldesa.


En relación ao concello, Lara Méndez concretou que "a situación está controlada". "Esta madrugada, á unha, cando saía do parque de bombeiros, quedaba a situación controlada, houbo un repunte ás cinco da mañá, pero cun control total. Neste momento, a situación está controlada", asegurou.


Con todo, deixou claro que "hoxe toca traballar para liquidar a situación e mañá haberá que pedir explicacións, porque evidentemente hai que dalas e haberá que esixilas".


DEPUTACIÓN


Pola súa banda, o portavoz do goberno provincial da Deputación, Álvaro Santos, subliñou que "hoxe toca apagar o lume, pero unha vez que estean apagados os incendios toca sentar". "Galicia non está preparada para afrontar unha catástrofe destas dimensións", resumiu.


No Concello de Friol, onde Santos é concelleiro do PSOE, destacou "a mobilización dos veciños". "Hai que estar agradecidos e aprender moito deles", indicou.


Na provincia, apuntou, "hai máis de vinte focos", fronte aos que "a deputación está a colaborar". "Unha vez que se apaguen os lumes, haberá que sentar, non haberá un político que non entenda a catástrofe dos incendios como un problema de país. Galicia tivo que ordenar o urbanismo, se non ordenamos o territorio acabaremos coa vida da xente", finalizou.


relacionada Martiño Noriega chama a abordar "con honestidade" o cambio do modelo forestal
relacionada "Está a man do home detrás e Galicia sábeo"
relacionada A chegada da chuvia afasta o perigo dos núcleos de poboación de Pontevedra
relacionada O fiscal de Medio Ambiente descarta unha trama organizada detrás dos lumes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE