incendio

Investigan se un incendio en Ourense puido estar provocado por unha queima de apuntamentos

O lume, en Casardomato, quedou extinguido pasadas as 00,00 deste sábado tras afectar a unhas 14 hectáreas e chegar a desaloxarse casas de forma preventiva

Os medios contra o lume estarán xeolocalizados por primeira vez este verán

Os avances tecnolóxicos neste Pladiga permitirán reducir tempos de desprazamento a lumes e establecer rutas a través do posicionamento real.


Arde un autobús destinado ao transporte escolar en Valdoviño

A empresa Arriva denunciou os feitos ante a Garda Civil, que investiga se están relacionados coa folga. 

Os bombeiros de Portugal cren que o incendio de Pedrógão Grande tivo unha orixe criminal

Dáse por controlado un 95% do incendio e os 1.200 bombeiros que se ocupan das tarefas de extinción están centrados no 5% restante nunha zona moi complicada. 

Identificadas 24 das 62 vítimas mortais dos incendios de Portugal

Máis de 2.000 bombeiros traballan na extinción duns lumes que deixaron, ademais, 62 feridos.

Expertos advirten que un incendio como o de Portugal é posible en Galicia

Federación Europea de Sistemas Agroforestais avisa dunha biomasa "máis elevada do aconsellable", e pide máis prevención e fomentar o pastoreo. 

O incendio forestal de Pedrógão Grande deixa máis de 60 mortos

Desencadeouse o sábado neste municipio portugués e estendeuse ao longo da rexión montañosa, a 200 quilómetros de Lisboa | Segundo medios portugueses hai preto de 60 feridos de diversa gravidade. 

A Policía cifra en 58 os desaparecidos polo incendio de Grenfell en Londres

Agora mesmo hai 19 persoas hospitalizadas en catro centros médicos, das cales 10 están en estado crítico.

Un incendio calcina por completo o estaleiro de Casqueiro en Moaña

As chamas chegaron a poñer en perigo un centro de saúde, a Casa do Mar e unha vivenda particular | Todo apunta a que foi provocado

Dous incendios forestais suman 60 hectáreas en Melón e Dozón

O do concello ourensán de Melón quedou controlado mentres que Dozón está extinguido.


Desaloxan unha escola infantil de Vigo por un incendio na súa fachada

O lume, de escasas dimensións, calcinou uns cables do edificio. Non houbo ningún ferido.

A Policía sospeita que o incendio de cinco vehículos en Ourense foi provocado

O 112 apuntou inicialmente a un raio como causante do lume | Algúns vehículos pertencen a dúas persoas que gardan relación persoal entre elas.


Acusan á Xunta de "temeridade" e "graves deficiencias" na xestión das emerxencias

Os traballadores fan esta denuncia no marco do primeiro aniversario do incendio na empresa Fandicosta | Critican a actuación do ente autonómico no naufraxio do 'Nuevo Marcos'. 

Arde de madrugada unha casa abandonada en Lugo

O lume calcinou o tellado, que veu abaixo, e afectou a vivenda lindeira.

Un incendio nun piso obriga a desaloxar a medio cento de veciños na Coruña

Os servizos de emerxencias atenderon a cinco persoas, tres delas tiveron que ser evacuadas ao hospital.

Falece unha muller de 54 anos no incendio da súa vivenda en Foz

A tía da vítima, octoxenaria, puido ser evacuada da casa polos veciños e resultou "ilesa".

Controlado un incendio nunha nave de froitas de Foz

Os traballadores conseguiron sacar da nave os vehículos de repartición de froita antes de que se visen afectados polas chamas. 

Un incendio provoca danos nunha nave industrial do Porriño

O lume calcinou un forno de secado de verniz e toda a canalización de extracción de gases

Prohibidas ata novo aviso as queimas agrícolas polo risco de incendio

A previsión para os próximos días é de tempo seco e con refachos de vento.

Un incendio afecta a unha casa abandonada en Ribeira

No inmoble en desuso adoitan durmir indixentes aínda que, polo momento, descoñécese se había alguén no interior. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE