Un incendio calcina por completo o estaleiro de Casqueiro en Moaña
As chamas chegaron a poñer en perigo un centro de saúde, a Casa do Mar e unha vivenda particular | Todo apunta a que foi provocado.
// @diecisietecosas
Un incendio declarado esta madrugada en Moaña (Pontevedra) calcinou por completo a antiga carpintería de ribeira Casqueiro, situada no trazado do paseo marítimo, segundo os datos do 112.
O lume declarouse na rúa Concepción Arenal sobre as 2,50 horas e quedou controlado cara ás 4,00 horas.
Ninguén resultou ferido, tal e como apuntou o 112, aínda que as chamas chegaron a poñer en perigo un centro de saúde, a Casa do Mar e unha vivenda particular.
// @gzcontrainfo
A tradicional factoría e todo o material que se almacenaba no seu interior quedou destruído, ata o punto de que unicamente quedan en pé as paredes. En Moaña, varios movementos veciñais reivindicaban a conservación da carpintería.
Segundo Faro de Vigo, todo apunta a que o lume foi intencionado e que a nave foi asperxida cun líquido acelerante. O mesmo diario apunta a que o estaleiro xa sufriu o ano pasado un intento de incendio cando apareceu un pneumático ardendo.
A carpintería, sen actividade económica, foi obxecto de polémica desde que o Concello puxera en marcha a construción dun paseo marítimo que obrigaba ao retranqueo da fachada do estaleiro e que os titulares non autorizaron polo que o proxecto tivo que deterse, informa Faro de Vigo.
Escribe o teu comentario