Os bombeiros de Portugal cren que o incendio de Pedrógão Grande tivo unha orixe criminal
Dáse por controlado un 95% do incendio e os 1.200 bombeiros que se ocupan das tarefas de extinción están centrados no 5% restante nunha zona moi complicada.
Segundo informan CRTVG e La Voz de Galicia, o presidente da liga de Bombeiros mostrouse convencido de que non foi a tormenta a orixe do lume que arrasou Pedrógão Grande.
Segundo o diario La Voz de Galicia, o xefe dos bombeiros portugueses móstrase escéptico coa versión oficial de que un raio foi a orixe do incendio que xa devastou unhas 30.000 hectáreas e acabou coa vida de 64 persoas. Acorde coa súa hipótese, o incendio comezaría dúas horas antes de que caesen os primeiros raios que logo agravaron as chamas.
Segundo a CRTVG as autoridades dan por controlado o 95% do perímetro do incendio estas horas e os 1.200 bombeiros que se ocupan das tarefas de extinción están centrados agora no 5% restante nunha zona moi complicada.
Escribe o teu comentario