Identificadas 24 das 62 vítimas mortais dos incendios de Portugal

|

Bomberosforestalesextincionincendio


Os forenses identificaron 24 das 62 vítimas mortais que perderon a vida no incendio desatado o sábado en Pedrógão Grande, no distrito portugués de Leiria, segundo informou este luns a ministra de Administración Interna, Constanza Urbano de Sousa.


Máis de 2.000 bombeiros traballan na extinción duns lumes que deixaron, ademais, 62 feridos. O comandante de Protección Civil, Elísio Oliveira, afirmou que as tarefas de extinción evolucionan de forma favorable, aínda que a situación na zona centro de Portugal segue sendo "difícil e complexa".


O presidente luso, Marcelo Rebelo de Sousa, chegou este luns á zona de Avelar, onde garantiu que as autoridades farán "todo o que sexa necesario" para controlar os lumes, aínda que admitiu que os medios aéreos non están a intervir de momento da forma máis adecuada por falta de visibilidade.


Rebelo de Sousa considerou "natural" que se expoñan algunhas preguntas sobre o ocorrido pero aprazou o debate ata facer fronte aos "desafíos máis urxentes". "A prioridade agora é combater o incendio e dar apoio ás vítimas e as súas familias", destacou, segundo medios locais.


Centos de evacuados empezaron a regresar este luns aos seus fogares, aínda que tanto veciños como equipos de emerxencia seguen atentos a evolución dunha meteoroloxía marcada de novo polas altas temperaturas, con ata 38 graos nalgunhas zonas.

relacionada Expertos advirten que un incendio como o de Portugal é posible en Galicia
relacionada O incendio forestal de Pedrógão Grande deixa máis de 60 mortos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress