Tres feridos, un deles grave, no incendio dunha vivenda en Oleiros
Unha das vítimas foi trasladada ao CHUAC con prognóstico grave e as outras dúas persoas, de carácter leve, ao centro médico de Oleiros.
Foto de arquivo
Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, tras incendiarse unha vivenda no termo municipal de Oleiros, na Coruña.
Os feitos tiveron lugar na rúa Repicho sobre as 15.15 horas, cando un particular alertaba ao 112 Galicia de que vía saír moito fume no baixo dunha vivenda, onde habitualmente reside unha muller.
O servizo de emerxencias informou dos feitos a Bombeiros de Arteixo, 061 , Protección Civil e Policía Local.
Unha das vítimas foi trasladada ao CHUAC con prognóstico grave e as outras dúas persoas, de carácter leve, ao centro médico de Oleiros.
A causa do lume, ardeu o revestimento de madeira da planta baixa e a entrada principal do inmoble.
Doutra banda, rexistrouse outro lume a localidade de Rubiá, que calcinou dúas casas por completo, na parroquia de Biobra, sen feridos.
O 112 Galicia informou a Bombeiros de Valdeorras, ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e ao 061. O incendio atópase controlado, aínda que de momento descoñécense as causas.
Escribe o teu comentario