Arde de madrugada unha casa abandonada en Lugo
O lume calcinou o tellado, que veu abaixo, e afectou a vivenda lindeira.
Un incendio orixinado este domingo de madrugada nunha casa abandonada de Lugo provocou danos materiais na súa estrutura. E é que o lume calcinou o tellado, que veu abaixo. Ao parecer, orixinouse por unha fogueira prendida por persoas sen fogar para quentarse pola noite.
Segundo indicou o CAE 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na Rúa Fontiñas. O 112 Galicia recibiu a alerta por parte dun particular ás 2:20 horas. De inmediato, desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Lugo, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e á Policía Local.
O incendio afectou tamén á casa lindeira.
Escribe o teu comentario