Uns rapaces que queimaron uns cadernos provocaron un incendio que calcinou 14 hectáreas en Ourense

Os tres menores quixeron facer a súa fogueira de San Xoán co material escolar no medio dunha pista e o vento levou as follas ardendo.


|

Montequemado


A Policía Autonómica tomou declaración como investigados a tres menores de idade como presuntos autores dunha fogueira para queimar uns cadernos, o que provocou un incendio forestal que calcinou 14 hectáreas no lugar do Casardomato, en Ourense.


Segundo os datos da investigación, o lume orixinouse debido a unha queima duns cadernos, o 23 de xuño pasado, coincidindo co final do curso escolar e tamén coa tradicional noite de San Xoán.


Os tres menores queimaron os cadernos no medio dunha pista asfaltada sen tránsito, pero os refachos de vento arrastraron pedazos de follas de papel, o que fixo que o lume avanzase con rapidez e acabase por calcinar 14 hectáreas de monte raso.


Os feitos orixinaron que se tramitasen dilixencias que foron remitidas á Fiscalía de Menores de Ourense, segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado.


Na actual campaña contra os incendios, un total de 57 persoas foron detidas ou investigadas por parte da Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

relacionada Investigan se un incendio en Ourense puido estar provocado por unha queima de apuntamentos
relacionada Oito parroquias galegas acumulan máis de 600 incendios forestais no último lustro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE