Morre un home no incendio da súa vivenda no centro histórico de Lugo

Tiña mobilidade reducida. Os bombeiros cren que un curtocircuíto na súa habitación puido iniciar o lume.


|

IncendiolugocamillaO lume puido deberse a un curtocircuíto na súa habitación.


Un home de 68 anos resultou falecido este xoves no incendio da súa vivenda, situada no centro histórico da cidade de Lugo.


Segundo informaron a Europa Press fontes do CAE 112-Galicia, a chamada de alerta recibiuse sobre o mediodía, indicando que estaba a arder unha vivenda situada na Rúa Nova, concretamente no número 102.


Ata a zona foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Lugo, que tiveron que entrar con máscaras á vivenda pola cantidade de fume, aínda que, cando chegaron, o lume estaba practicamente extinguido, segundo apuntaron fontes municipais. Tamén foi mobilizada a Policía Local.


Os servizos de emerxencias atoparon alí co cadáver do home, que tiña mobilidade reducida, na cama. Segundo as primeiras investigacións, o lume iniciouse na habitación onde se atopaba a vítima e afectou á cama e á mesiña, así como ao home.


As mesmas fontes informaron de que o incendio puido deberse a un curtocircuíto "na base de enchufes que había detrás do cabeceiro da cama", onde estaba enchufada a lámpada da mesiña. Os bombeiros tiveron que evacuar outro ancián que vivía nunha planta superior.

relacionada Explosión sen feridos graves nun piso de Vigo
relacionada Tres feridos, un deles grave, no incendio dunha vivenda en Oleiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE