Galiciapress charla co comité de empresa, que como a dirección de momento prefire gardar silencio, cos sindicatos, traballadores e veciños para radiografiar a situación actual dun dos motores económicos da comarca do Barbanza, do que dependen miles de familias.
Galiciapress charla con algunhas persoas que presenciaron os primeiros minutos do incendio que calcinou parcialmente as instalacións, onde se rexistraron explosións.
O lume orixinouse no alto dun dos muíños que producen a enerxía eólica no parque.
O lume da entulleira, que se atopa a unha distancia de menos de 500 metros de casas habitadas, foi controlado horas despois de que se declarase. A compañía que xestiona o recinto di que nin o lume nin o fume afectaron de forma grave “a ningún núcleo de poboación próximo á entulleira, e non provocaron danos persoais nin materiais”; os veciños denuncian que era “insoportable respirar o fume” e que este producía un forte proído en ollos e garganta.
Un incendio orixinado na noite do venres en Vilariño de Conso (Ourense) e que xa queimou, segundo as primeiras estimacións, unha superficie de 35 hectáreas permanece controlado.
Un grupo de radicais incendiou a fachada dunha tenda Zara, marca e buque insignia da compañía Inditex.
A Policía eleva a superficie arrasada neste lume a 706 hectáreas, fronte ás 465 hectáreas das que informou a Xunta tras a súa extinción o pasado 9 de setembro.