Falecen dúas mulleres de 71 e 50 anos no incendio dun piso en Ourense
Os servizos de emerxencia tiveron que desaloxar todo o edificio
Dúas mulleres de 71 e 50 anos faleceron este sábado tras declarar un incendio nun piso situado nun edificio da rúa Manuel Lago, na cidade de Ourense.
Segundo informou a central galega de emerxencias, os feitos tiveron lugar sobre as 07:30 horas da mañá deste sábado. Varias persoas particulares alertaban a esa hora ao 112 dando aviso do lume.
Os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros da cidade, ademais da Policía Local e da Policía Nacional, así como dos servizos sanitarios.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia detallou, pola súa banda, que enviou até o punto unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital báscio. Con todo, os equipos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida destas dúas mulleres.
Os servizos de emerxencia indicaron que, como medida preventiva, tiveron que desaloxar todo o edificio no que se produciron este incendio.
Escribe o teu comentario