Un incendio calcina por completo un alpendre en Santiago
O incendio comezó ás 05:00 horas e, afortunadamente, ningunha persoan resultou ferida
Un incendio calcinou por completo un alpendre situado na rúa Lamas de Abade, no barrio compostelán do Castiñeiriño.
Segundo trasladou a central de emerxencias, no interior había herba seca, leña, utensilios de labranza e un porco. O lume causou tamén danos en dúas vivendas lindeiras ao alpendre, sen que ningunha persoa resultase ferida.
O incendio deu comezo pasadas as 05:00 horas e até chegar ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Santiago de Compostela e os axentes da Policía Nacional e Local.
Escribe o teu comentario