(VÍDEO) O espectacular incendio dun aeroxerador no parque eólico de O Faro, entre Rodeiro e Chantada

O lume orixinouse no alto dun dos muíños que producen a enerxía eólica no parque.


|

O lume orixinouse no alto dun dos muíños que producen a enerxía eólica no parque.


As chamas provocaron o desprendemento de pezas de gran tamaño do aeroxerador, que acabaron por desencadear un pequeno incendio no chan. 



Polas dimensións do incendio, que puido verse desde as veciñas Chantada e Rodeiro, a empresa concesionaria, Galicia Vento, tivo que apagar o motor do aparello para evitar danos maiores.


Algúns curiosos achegáronse ao lugar do incendio e filmaron o que ocorría no alto do muíño nun operativo extremadamente complexo para os equipos de extinción, composto por GES, bombeiros forestais e ata por un helicóptero, xa que o tamaño do aeroxerador e a violencia das chamas fixo imposible sufocar o lume de maneira inmediata. O helicóptero tratou, sen éxito, apagar o lume con descargas de auga que non atinaron no albo. 



Con todo, a súa intervención si evitou que os fragmentos incendiarios que desprendía o muíño provocasen un incendio forestal, aínda que unha pequena superficie de terreo quedou afectada polas chamas. Afortunadamente, e a pesar do espectacular das imaxes, non hai que lamentar danos persoais nun incendio que ao redor das 15 horas quedou controlado e que parece só inutilizó o motor do aparello, sen chegar a danar as aspas. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE