Dous incendios en Viana do Bolo (Ourense) levan queimadas 60 hectáreas e un aínda está sen controlar

Un incendio atópase activo no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Padrorramisquedo, tras queimar unhas 20 hectáreas.

|

O suroeste ourensán sofre unha gran vaga de incendios a pouco de empezar a tempada de alto risco. 


Un incendio atópase activo no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Padrorramisquedo, tras queimar unhas 20 hectáreas.


Incendio en Pradomarisquedo en Viana nunha imaxe de BrifLaza en Twitter

Incendio en Pradomarisquedo en Viana nunha imaxe de BrifLaza en Twitter 


Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume declarouse o luns e este martes pasou das 20 hectáreas.

Nas tarefas de extinción traballaron, de forma acumulada, sete helicópteros, catro avións, dúas motobombas, 21 brigadas e seis axentes.


SEGUE O LUME EN RUBIAIS

Pola súa banda, hai outro incendio en Viana do Bolo, na parroquia de Rubiais neste caso, que afecta a unhas 40 hectáreas. Está estabilizado desde as 10,03 horas deste martes, pero aínda non controlado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE