Estabilizado o incendio da localidade lucense de Trabada e controlados o catro de Foz
As últimas estimacións elevan a 230 hectáreas a superficie queimada polos catro incendios de Foz
A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal que desde este pasado xoves calcinou 1.200 hectáreas nos municipios lucenses de Trabada e Ribadeo.
O último balance da situación dos incendios forestais foi ofrecido pola Xunta , que informou tamén qu dos catro lumes que afectan o municipio lucense de Viveiro están controlados desde as 13:13.
Segundo as últimas estimacións, a superficie queimada nestes catro incendios que afectan as parroquias de Santo Acisclo e Santa Cilla do Valadouro elévase até as 320 hectáreas.
No caso do incendio de Trabada, que deu comezo este pasado xoves ao mediodía e que obrigou a desaloxar casas, cortar estradas e que alcanzou o municipio veciño de Ribadeo, as chamas déronse por estabilizadas tamén ao fío das 13:15 deste sábado.
A superficie afectada mantense invariable desde as 1.200 hectáreas contabilizadas pola Xunta na tarde do venres, cando recoñeceu que a elevada presenza de fume na zona dificulta as medicións.
A evolución deste lume, que o conselleiro de Medio Rural, José González, afirmou que foi provocado, permitiu desactivar na tarde do venres a 'situación 2', nome polo que se coñece ao protocolo de actuación en caso de perigo pola proximidade das chamas a núcleos de poboación habitados.
Desde o seu inicio no mediodía do xoves, traballaron na zona oito técnicos, 65 axentes, 92 brigadas, 61 motobombas, tres pas, cinco unidades técnicas de apoio, un tractor, seis avións e tres helicópteros.
CONTROLADOS EN FOZ
Ademais diso, os catro lumes próximos que afectan o concello lucense de Foz están controlados desde o mediodía deste sábado, segundo trasladou a Consellería do Medio Rural.
Entre os catro focos suman en total 230 hectáreas de superficie afectada polas chamas na zona Santo Acisclo e Santa Cilla do Valadouro, onde operaron para sufocar o lume dous técnicos, 23 axentes, 19 brigadas, 18 motobombas, unha pa e un helicóptero.
Escribe o teu comentario