Incendio afecta ao mercado da Galiciana de Santiago (vídeos) e forza o seu desaloxo
Ao redor das 13:30 declarouse un incendio considerable que pode ter orixe na nave contigua ao mercado A Galiciana de Santiago.
Non hai danos persoais pero agora pero o fume invadiu este coñecido e concorrido recinto, que foi desaloxado.

Os servizos de emerxencia están presentes no lugar. As primeiras informacións apuntan a que as chamas, que son visibles desde as portas, son contraditorias.
Uns aseguran que empezaron nunha das cociñas situadas na nave da Galiciana pero outros indican que o lume empezou na nave contigua, onde estaba a gran ferraxaría de Fillos de CV Otero.

A Galiciana, situado no Ensanche preto da zona vella da capital, alberga ducias de restaurantes e atende por centos de composteláns cada mediodía. A rúa Gómez Ulla foi cortada ao tráfico.
Escribe o teu comentario