Desta forma, parte das ganancias irán destinadas a Ecomar, que empelará eses fondos nos traballos que desenvolve na costa galega para a limpeza dos seus mares e praias, retirando o plástico e os residuos tan contaminantes para a contorna como para a fauna.
A reacción da aldea de Cabo de Cruz (Boiro) ao vandalismo e o ataque de intolerancia que sufriu un dos seus veciños reforza a loita do colectivo LGTBI xusto no Día do Orgullo. Pablo Chouza, vítima desta agresión, relata para Galiciapress como viviron el, a súa muller e os seus dous fillos pequenos este suceso que, lonxe de facerlles retroceder, puxo máis en valor se cabe o significado pedagóxico da súa acción enchendo a zona de bandeiras LGTBI.
O impacto da variante india, coñecida como delta, na comunidade galega mantén o empeoramento progresivo da comunidade na maioría dos seus datos. Os brotes localizados en varios puntos de Galicia, vinculados no seu maior parte a viaxes de fin de curso ás Illas Baleares, son os que provocaron este repentino repunte, que en só tres días suma máis dun centenar de novos casos activos.
O incendio nunha vivenda de Sigüeiro onde os residentes ían ser desafiuzados ese mesmo día e que provocou a morte dunha muller de 60 anos destapou o problema dos lanzamentos en Galicia e do risco de vulnerabilidade de moitas familias. A 'Plataforma Afectadas pola Hipoteca' (PAH), impulsores do movemento 'STOP Desafiuzamentos', atende a Galiciapress para achegar o seu punto de vista sobre este caso, moito máis habitual do que cremos.
Fixémolo in extremis, cando se cumpriu a condición principal: a Mesa de Diálogo entre a Administración Sanitaria e as Entidades que formamos parte do Sistema Sanitario Público, para elaborar o Novo Modelo de Atención Primaria (AP) no país.
As entradas para os concertos do mes de xullo no festival vigués contan hoxe cun 21% de desconto.