Santiago será sede do XXVIII Congreso Estatal de Librarías en 2028
O anuncio realizouse durante o congreso deste ano en Valencia, onde a Libraría Bandini, de Bertamiráns, foi premiada polo seu labor
Santiago de Compostela acollerá na primavera de 2028 o XXVIII Congreso Estatal de Librarías, coordinado pola Federación de Librarías de Galicia. A cita converterá á capital galega en epicentro estatal do sector libreiro, ao reunir a profesionais, editoriais e axentes culturais de todo o país.
O anuncio realizouse durante o congreso deste ano en Valencia, onde a Libraría Bandini, de Bertamiráns, foi premiada polo seu labor. A Federación destaca que este recoñecemento reforza o papel das librarías galegas e a súa achega á diversidade cultural e a lectura.
Fontes do sector sinalan que o evento terá un impacto económico e cultural importante para Galicia, consolidando a súa posición como referente no ámbito do libro.
Escribe o teu comentario