Máis de dous meses de espera para operarse no CHUS, unha lista de espera "dramática", denuncia o PSdeG
Os dipuitados socilistas Julio Torrado e Noa Díaz han denuciado esta maána a situación dos pacientes do CHUS en espera para ser operados.
Reprochan a Feijóo que "se pasee" polo centro "sancado peito acerca dos investimentos en equipamento" mentres sofre a falta de persoal.
Julio Torrado e Noa Díaz | Foto: EP
O PSdeG criticou as listas de espera "dramáticas" do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que achacou a unha xestión "deficiente" e unha "falta de recursos".
Durante unha visita ao Hospital Clínico, os deputados autonómicos Noa Díaz e Julio Torrado anunciaron unha batería de iniciativas para reclamar á Xunta un plan que afronte a situación das listas de espera no CHUS e que se centre en maior medida nas especialidades que se atopan nunha peor situación.
Neste sentido, Díaz lamentou que os datos das listas de espera publicados este verán "de novo sitúan ao CHUS nun lugar dramático" e recalcou que se incrementaron nun 20% desde o pasado ano ata case 32.000 persoas.
Con todo, reprobou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "pasease por este centro para sacar peito acerca dos investimentos en equipamento". Así, recalcou que "o mellor equipamento dos hospitais é sempre o persoal", polo que afirmou que debe "dotar de máis recursos humanos aos centros".
LISTA DE ESPERA
Os deputados socialistas tamén detallaron que, segundo datos de 2021, o tempo de espera para cirurxía sitúase en 71,9 días, unha cifra que supera a media autonómica. Ademais, resaltaron que o CHUS presenta o maior tempo de espera para acceder a intervencións de Neurocirugía (132 días) e a segunda cifra máis alta en Xinecoloxía (52,8 días).
A este respecto, apuntaron que a lista de espera da especialidade de Neurocirugía no CHUS o ano pasado situábase en 105,9 días e en 2019, en 65. Tamén puxeron o foco o incremento do período de espera para acceder a Xinecoloxía (52%), Pediatría (163%) e cirurxía cardíaca (120%). Adicionalmente, denunciaron que as listas de espera publicadas "silencian" a cifra real de pacientes que pretenden ser atendidos no sistema público galego de saúde.
Escribe o teu comentario