​Expediente á empresa dos helicópteros do 061 por "non respectar os descansos dos técnicos"

A Inspección de Traballo abriu un proceso sancionador á empresa Eliance, antiga Habock e adxudicataria dos contratos do servizo de transporte sanitario aéreo urxente do 061. A sanción prodúcese despois dunha visita da inspección ao heliporto de Conxo, próximo ao Hospital Provincial, onde se detectou que a empresa "non garantía o descanso mínimo entre xornadas de 10 horas e media" aos técnicos de mantemento. 


|

A Inspección de Traballo abriu un proceso sancionador á empresa Eliance, antiga Habock e adxudicataria dos contratos do servizo de transporte sanitario aéreo urxente do 061. A sanción prodúcese despois dunha visita da inspección ao heliporto de Conxo, próximo ao Hospital Provincial, onde se detectou que a empresa "non garantía o descanso mínimo entre xornadas de 10 horas e media" aos técnicos de mantemento.


Helicu00f3ptero 061 aeronave

Helicóptero do 061


A inspección, que tivo lugar o pasado 31 de xullo, decidiu abrir un "procedemento administrativo sancionador" ao considerar que non se respecta o descanso dos técnicos encargados do mantemento dos helicópteros e sobre os que pesa o correcto funcionamento das aeronaves e evitar avarías. A compañía e Inspección de Traballo tiveron unha reunión a principios de setembro para tratar este caso.


SEN REXISTRO DE XORNADA

Ademais, a inspección tamén chamou a atención a Eliance por non contar cun sistema de rexistro de xornada de traballo adecuado "dado que os partes examinados en curso da actuación inspectora evidencian un sistema de rexistro que non se axustaría ás previsións", xa que este sistema non está  "asinado a diario polos traballadores" ademais de non establecer algunhas semanas "as horas concretas de entrada e saída".


POLÉMICAS DE ELIANCE

Esta non é a primeira polémica que rodea á compañía de Luís Miñano, que xa na adxudicación dos contratos espertou sospeitas en torno ao proceso do concurso. A propia Fundación Urxencias Sanitarias-061, encargada de adxudicar os contratos, tivo que adxudicar o contrato ata tres veces despois das denuncias da outra compañía competidora.


Na mesma liña, fontes sindicais denuncian que as novas aeronaves son menos eficientes que coas que se operaba no anterior contrato, xa que estas, entre outras carencias, non permiten extraer a padiola pola parte dianteira para pacientes con insuficiencia respiratoria, algo que si permitían os helicópteros anteriores á entrada de Eliance. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE