(VÍDEO) As augas que atravesan a mina de Touro saen moi contaminadas rumbo ao río Ulla, denuncian ecoloxistas

O Pucheiras ao seu paso polos terreos de mínaa | Fotos:  Plataforma Mina Touro O Pino NON As organización “sospeita” dunha vertedura artificial nos terreos da empresa instalada na mina e advirten que as augas do Pucheiros desembocan no río Brandelos, afluente do Ulla.


|

A 'Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON' denuncia o estado das augas dos caudais que atravesan a antiga mina de Touro e que provocan un potencial desaste ambiental que podería afectar á Ría de Arousa. 


Doutra banda, denuncian que mentres o Concello de Touro pide aos seus veciños que reduzan o consumo de auga o mesmo goberno tourense apoia o proxecto mineiro, que necesitará grandes cantidades de auga. 





A plataforma denuncia que as augas que atravesan os terreos da antiga mina de Touro levan preto de medio século contaminados, desde a apertura da explotación alá polos 70. O peche da mina produciuse a finais dos 80, pero as augas “non volveron ter vida”. “Máis de 30 anos despois, as drenaxes acedas provocadas pola minería metálica son unha das principais fontes de contaminación dos caudais”, lamentan.


Desde a organización sinalan a Cobre San Rafael, “empresa participada pola local Explotacións Galegas SL e a multinacional chipriota Atalaia Mining”, como responsable desta crise ambiental provocada “tanto pola antiga mina como polas actividades que actualmente desenvolven outras empresas do conglomerado situadas en terreo da explotación”.


AUGAS DE COR "COBRIZO E BLANCO ALUMINOSO"

Nese sentido, denuncian que a pesar dos efectos adversos sobre o medio, as promotoras do macroproyecto mineiro seguen empeñadas en lograr o visto e prace da Xunta para reiniciar a extracción de cobre no municipio.


“Un exemplo evidente do mal que a actividade mineira ocasiona en Touro é o caso do río Pucheiras, que nace no lugar da Zanca no monte de Arinteiro na parroquia de Loxo, con augas claras e, en época estival con pouco caudal no seu nacemento. Esta semana, sorprendentemente, despois de atravesar os terreos da mina parece outro totalmente distinto, con mestura de cores cobrizo e branco aluminoso e un caudal moito máis abundante que antes do seu paso polos terreos mineiros”, exemplifican.


Pucheiras touro


O Pucheiras ao seu paso polos terreos de mínaa | Fotos:  Plataforma Mina Touro O Pino NON


As organización “sospeita” dunha vertedura artificial nos terreos da empresa instalada na mina e advirten que as augas do Pucheiros desembocan no río Brandelos, afluente do Ulla.


SEN AUGA PARA O VECIÑOS PERO SI PARA ATALAIA MINING

A continuación, a plataforma lembra que isto coincide no tempo cun bando do goberno municipal de Touro, que roga aos veciños que reduzan o consumo de auga “para evitar ter que restrinxir o seu uso”. 


“O Goberno de Touro que defende o inicio da actividade mineira, que necesitaría inxentes cantidades de auga, cando nin sequera pode garantir a subministración de auga para toda a poboación nun ano que non se caracterizou por ser seco ou escaso en choivas nesta zona”, apostilan.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE