feminismo

Éxito nas máis de 30 mobilizacións convocadas en Galicia en contra da sentenza de 'La Manada'

O feminismo galego organizouse de forma espontánea ou planificada para responder á sentenza da Audiencia Provincial de Navarra que condena aos cinco integrantes de 'La Manada' a 9 anos de prisión por 'abuso sexual'. 

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Hoxe volveron a violarnos"

A rexedora lucense condenou duramente a sentenza publicada hoxe sobre o caso de 'La Manada'

O movemento feminista chama á rúa en resposta á sentencia de 'La Manada'

“Hoxe é un día moi triste e moi grave para todas as mulleres porque na sentencia non se considera unha agresión sexual, senón un abuso. É dicir, non temos protección da lei. Estamos desamparadas.”, declara Pili Estévez, parte da Plataforma Feminista Galega, a Galiciapress.

Folga nas aulas por un ensino "democrático e feminista"
Os convocantes cifran nun 85% o seguimento e as cidades rexistran manifestacións contra a LOMCE e para reclamar unha lei galega
Lídia Senra, Paula Verao e Olga Otero presentan "Ou feminismo, imprescindible para contruír outra Europa" en Chantada

"De bo rollo nunca imos alcanzar o recoñecemento dos nosos dereitos". A europarlamentaria Senra é a coordinadora do libro que recolle textos de diferentes mulleres. 

"Volver a casa con medo non é normal e non debe ser tolerado"

Cando anunciaron clases de "autodefensa feminista" non esperaban tal reación, pero 239 apuntáronse. Elas son as promotoras de Campus do Medo, unha iniciativa de base para erradicar o temor que sofren moitas mulleres nos campus -especialmente no Campus Sur da USC pola noite- e nas aulas. Nesta entrevista abordamos as súas motivacións, os seus obxectivos e as súas demandas ás administracións.

Aprender empoderamento feminista na Coruña

A Concellería de Igualdade do Concello da Coruña puxo en marcha unha escola de "empoderamiento feminista" co obxectivo de "fomentar a toma de conciencia persoal das mulleres".

​Universitarias lanzan clases de autodefensa contra acosadores

“Clase de autodefensa feminista (non mixta)”. Así se anuncia a primeira clase de Campus do Medo, unha iniciativa lanzada por mozas en Santiago de Compostela ante “a necesidade de mecanismos de autodefensa para protexernos das violencias que sufrimos as estudantes por culpa da falta de seguridade nos campus”.

"Éxito" da folga feminista #8M en Galicia

Na habitual guerra de cifras destas convocatorias os números bailan entre o case 20% que recoñece a Xunta e o "apoio maioritario" do que presumen dous dos grandes sindicatos. O que é innegable, aínda que sexa só polo tamaño das manifestacións, que a de hoxe é unha xornada de mobilización histórica, sen precedentes, para as galegas.

​“As licenzas de fútbol feminino triplicáronse, pero aínda non podes vivir de el”

A Rede está alagada de datos sobre as estrelas do fútbol masculino, pero por que non hai case nada sobre o fútbol feminino? Isto é o que se preguntaron Jess, Lucía “Grela” e Sara “Uk”, tres amigas ,ex-xogadoras e compañeiras do Torre Feminino da Coruña. Do seu tesón naceu futmenenina.com, un dos portais referentes neste deporte en España e que que agora está a piques de lanzar o seu propio torneo. Charlamos con Lucía “Grela” sobre esta aventura que busca visibilizar á muller no deporte.


Isabel Coixet rodará en Galicia unha película sobre o matrimonio entre mulleres

A principios de século dúas mulleres galegas casaron pola Igrexa, aínda que unha tívose que disfrazar de home. Esta é a base argumental do novo traballo da premiada directora, cuxo equipo de rodaxe estará en varias localidades galegas. 

"Ata a cona de cobrar menos", campaña do BNG polo Día da Muller

Sen medo a non ser politicamente correctas e reivindicando o papel da muller máis aló das campañas rituais. Así presentaron as mulleres nacionalistas a súa campaña para o 8M, campaña que usa unha palabrota e rise dunha iniciativa similar, pero de ton máis ridículo, que lanzou o Goberno Galego. O Bloque dálle a volta ao anuncio "paternalista e cosificador" da Xunta e defende a necesidade dunha iniciativa "provocadora e clara".

Para o PP galego "a folga de mulleres é o máis machista que se pode facer"

Os conservadores galegos mostran divisións ao fío da chamada "folga feminista". Mentres o PP de Ourense de Manuel Baltar apoia a mobilización, o PP a nivel galego a cualifica de "machista". Son palabras do seu número 3 este sábado, nunha reunión na que tamén dixo que ser das súas mocidades, Novas Xeracións, é "case revolucionario".

Baltar defende a súa autonomía para apoiar a folga feminista

Rexeita valorar que con esta decisión o PP de Ourense desmárquese da postura oficial de Xénova.

​CCOO e UGT convocan paros laborais de dúas horas o 8 de marzo

Os sindicatos buscan "darlle impulso político á reivindicación" da igualdade. O PSOE apoia a folga.

Critican a unha deputada do PP por non considerar machista o caso de Diana Quer

Ana Vázquez Blanco acusou de "oportunismo político" á devandita vinculación

​Búscanse nomes de mulleres ilustres para dedicarlles rúas e prazas

O concello de Ourense convoca o proceso de participación veciñal co fin de poñer en valor a contribución das mulleres na historia.

Críticas contra a campaña institucional do 25 de novembro polo seu "paternalismo rancio"

"Segue sen entender a violencia machista", reprochan, para aseverar que "non queremos que nos protexan por ser mulleres".

Os "baleiros" na loita pola igualdade centran unha xornada de debate en Cangas

Lídia Senra pon de exemplo os "numerosos casos de acoso a mulleres que se están denunciando no Parlamento Europeo".

O Museo de Pontevedra dedica unha exposición á precursora do feminismo María Vinyals

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou a exposición acompañada das comisarias da mostra.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE